Miranda remata a súa visita á Comunidade Valenciana no Centro Galego de Valencia

Na Comunidade Valenciana residen (datos INE) 18.485 cidadás e cidadáns galegos
Na Comunidade Valenciana residen (datos INE) 18.485 cidadás e cidadáns galegos
Listen to this page using ReadSpeaker
Valencia, 14 de xullo de 2019.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, puxo fin á súa visita á colectividade galega da Comunidade Valenciana no Centro Galego de Valencia. O responsable do departamento autonómico, que participou previamente en ámbolos dous actos celebrados no Centro Galego de Castelló e en Alacant, onde o sábado presidiu a celebración do Día de Galicia, renovou o seu compromiso coa colectividade desta comunidade autónoma, á que animou a seguir a traballar para difundir o patrimonio inmaterial de Galicia, como a súa cultura e a súa lingua.

610 lecturas