O Centro Galego de Santander entregou os premios literarios 'Julio Camba 2017'
- Foto 1: entrega do 1º premio “Julio Camba 2017” a Francisco de Paz Tante, en presenza de Delia de los Ángeles, e as e os membros da Xunta Directiva, Carmen Rivas (vicepresidenta 2ª), Olga Babarro (vicesecretaria) e José Antonio Otero (presidente) do Centro Galego de Santander
- Foto 2: a directora do Centro Asociado da UNED en Cantabria, Rosa Martín Minguijón fai entrega de 2º premio “Julio Camba 2017” a Herminia Dionis Piquero, en presenza de Carmen Rivas (vicepresidenta 2ª), Olga Babarro (vicesecretaria) e José Antonio Otero (presidente) do Centro Galego de Santander
- Foto de grupo do e da premiada xunto con membros da Xunta Directiva do Centro Galego de Santander
O Centro Galego de Santander (Casa de Galicia en Cantabria), que preside José Antonio Otero Hermida, entregou o sábado día 2 de decembro os Premios Literarios “Julio Camba“ de relato curto, na súa XVIIIª edición correspondente ao presente ano 2017. Na entrega dos premios participou Ana Rosa Martín Minguijón, directora da UNED en Cantabria.
Premios do XVIIIº Concurso Literario “Julio Camba”
O xurado estivo formado por membros da Sociedad Cántabra de Escritores (SCE) e integrado por Víctor Abascal Acebo, Marisa Caballero Ruiz, María del Mar Gómez Guerra e Aurora Miranda Santibáñez e, actuando como presidenta Delia de los Ángeles Laguillo González e, como secretario, sen voz nin voto, Serafín Fernández Villazón. Realizáronse as preceptivas votacións, que arroxaron os seguintes resultados:
- 1º Premio. O xurado acordou conceder o primeiro premio, dotado con Medalla do Centro, Diploma e 750 euros ao relato titulado Sombras de grullas, cuxo autor é Francisco de Paz Tante, residente en Albarreal de Tajo (Toledo). Fixo entrega do mesmo (foto 2) Delia de los Ángeles Laguillo.
- 2º Premio. O segundo premio, dotado con Diploma e 500 euros, correspondeu ao relato titulado El Mar de la Tranquilidad, de Herminia Dionis Piquero, autora residente en Huesca. Fixo entrega do mesmo (foto 2) Ana Rosa Martín Minguijón, directora do Centro Asociado da UNED en Cantabria.
Fonte e fotos: Centro Galego de Santander
Novas relacionadas