Entregados os premios literarios "Julio Camba 2018" do Centro Galego de Santander

  • Foto 1. Entrega do 1º premio do certame “Julio Camba 2018” a Javier Carmona (centro) en presenza da alcaldesa de Santander, Gema Igual Ortiz (segunda pola dereita), e membros da Xunta Directiva do Centro: Clemente González Ojea (vicepresidente 1º), Olga Babarro (vicesecretaria) e José Antonio Otero (presidente)
    Foto 1. Entrega do 1º premio do certame “Julio Camba 2018” a Javier Carmona (centro) en presenza da alcaldesa de Santander, Gema Igual Ortiz (segunda pola dereita), e membros da Xunta Directiva do Centro: Clemente González Ojea (vicepresidente 1º), Olga Babarro (vicesecretaria) e José Antonio Otero (presidente)
  • Foto 2. O coronel Ignacio Yañez, delegado de Defensa en Cantabria (1º pola dereita) entrega o 2º  premio “Julio Camba” a José Manuel Moreno, en presenza de Carmen Rivas (vicepresidenta 2ª da entidade ), Lorena Gutiérrez (concelleira do Ayuntamiento de Santander), Clemente González (vicepresidente 1º), Olga Babarro (vicesecretaria), a alcaldesa de Santander, Gema Igual Ortiz, e José Antonio Otero (presidente do Centro Galego)
    Foto 2. O coronel Ignacio Yañez, delegado de Defensa en Cantabria (1º pola dereita) entrega o 2º premio “Julio Camba” a José Manuel Moreno, en presenza de Carmen Rivas (vicepresidenta 2ª da entidade ), Lorena Gutiérrez (concelleira do Ayuntamiento de Santander), Clemente González (vicepresidente 1º), Olga Babarro (vicesecretaria), a alcaldesa de Santander, Gema Igual Ortiz, e José Antonio Otero (presidente do Centro Galego)
  • Foto de familia dos premiados coas autoridades asistentes e membros do Centro Galego de Santander
    Foto de familia dos premiados coas autoridades asistentes e membros do Centro Galego de Santander
Listen to this page using ReadSpeaker
Santander (Cantabria), 26 de decembro de 2018.

O Centro Galego de Santander (Casa de Galicia en Cantabria) que preside José Antonio Otero Hermida fixo entrega o sábado 15 de decembro, durante o tradicional xantar de Irmandade dedicado ao 'socio veterano', dos Premios Literarios “Julio Camba“ de relato curto na súa  XIXª edición, correspondente ao presente ano 2018. No acto de adxudicación dos premios participaron a alcaldesa de Santander, Gema Igual Ortiz, e o delegado de Defensa en Cantabria, coronel Ignacio Yánez González.

Premios do  XIXº Concurso Literario “Julio Camba”
O xurado, formado membros da Sociedad Cántabra de Escritores (SCE), estivo integrado por Víctor Abascal Acebo, Marisa Caballero Ruiz, María del Mar Gómez Guerra, Aurora Miranda Santibáñez e, actuando como presidenta, Delia de los Ángeles Laguillo González e, como secretario sen voz nin voto, José Hernández Úrculo. Realizadas as preceptivas votacións, arroxaron os seguintes resultados:

  • 1º Premio. O xurado acordou, conceder o primeiro premio, dotado con medalla do Centro, diploma e 750 euros ao relato titulado La soledad, cuxo autor é Javier Díez Carmona, residente en Balmaseda (Biscaia). Fixo entrega do mesmo Gema Igual Ortiz, alcaldesa de Santander (foto 1).
  • 2º Premio. Dotado con diploma e 500 euros, correspondeu ao relato titulado Amistad sincera, de José Manuel Moreno Pérez, residente en Madrid. Entregouno o delegado de Defensa en Cantabria, coronel Ignacio Yáñez González (foto 2).

 

Fonte e fotos: Centro Galego de Santander

En imaxes
177 lecturas