O Centro Galego de Santander entrega os premios literarios 'Julio Camba 2016' coa presenza da alcaldesa de Santander, Gema Igual Ortiz

Un relato en galego e outro en lingua castelá foron os gañadores da XVIIª edición do certame literario que convoca a entidade galega na capital cántabra.

  • Foto 1. A alcaldesa de Santander, Gema Igual Ortiz, entrega o 1º Premio 'Julio Camba' a Josep Manuel Segarra Belles, en presenza de Clemente González (vicepresidente 1º) e José Antonio Otero (presidente) do Centro Galego de Santander (pola esquerda)
    Foto 1. A alcaldesa de Santander, Gema Igual Ortiz, entrega o 1º Premio 'Julio Camba' a Josep Manuel Segarra Belles, en presenza de Clemente González (vicepresidente 1º) e José Antonio Otero (presidente) do Centro Galego de Santander (pola esquerda)
  • Foto 2. A directora do Centro Asociado da UNED en Cantabria, Rosa Martín Minguijón fai entrega do 2º Premio 'Julio Camba' a Ernesto Tubía Landeras , en presenza de Clemente González (vicepresidente 1º) e José Antonio Otero (presidente) do Centro Galego de Santander (pola esquerda)
    Foto 2. A directora do Centro Asociado da UNED en Cantabria, Rosa Martín Minguijón fai entrega do 2º Premio 'Julio Camba' a Ernesto Tubía Landeras , en presenza de Clemente González (vicepresidente 1º) e José Antonio Otero (presidente) do Centro Galego de Santander (pola esquerda)
Listen to this page using ReadSpeaker
Santander (Cantabria), 19 de decembro de 2016.

O Centro Galego de Santander (Casa de Galicia en Cantabria), que preside José Antonio Otero Hermida, entregou o sábado día 17  de decembro os Premios Literarios 'Julio Camba' de relato curto, na súa XVIIª edición correspondente ao presente ano 2016.

Nesta ocasión, contouse coa presenza no centro da recentemente elixida alcaldesa de Santander,  Gema Igual Ortiz,  así como coa directora do Centro  Asociado da UNED en Cantabria,  Rosa Martín Minguijón, que participaron  na entrega dos citados galardóns.

Premios do XVIIº Concurso Literario Julio Camba
O Xurado, composto polas escritoras María del Mar Gómez Guerra, Aurora Miranda Santibáñez e Gema Rebolledo Bolado, actuando como secretaria, sen voz nin voto,  Delia de los Ángeles Laguillo González, todas elas  pertencentes á Sociedade Cantabra de Escritores (SCE), fallaron o citado concurso, correspondendo os seguintes premios:

  1. O Xurado acordou conceder o primeiro premio, dotado con Medalla do Centro, Diploma e 500 euros ao relato en lingua galega Reunión de pensamentos, cuxo autor é Josep Manuel Segarra Bellés, residente en Quart de Poblet (Valencia) ( Foto 1)
  2. O segundo premio, dotado con Diploma e 300 euros, correspondeu ao relato Caparrones, obra de Ernesto Tubía Landeras, residente en Lardero (A Rioxa) (Foto 2).

Fonte e fotos: Centro Galego de Santander

894 lecturas