A Xunta acompaña á Asociación A Roda na celebración do seu 35 aniversario
Laussanne (Suíza), 22 de novembro de 2026.
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, acompañou á Asociación A Roda de Laussanne, en Suíza, no acto de celebración do seu 35 aniversario. No transcurso do encontro, fíxoselle entrega á entidade dunha placa conmemorativa, trasladando así o respaldo e o recoñecemento da Xunta de Galicia á súa traxectoria.
Coa súa presenza nesta cita, o representante do Executivo autonómico puxo en valor o labor desenvolvido pola agrupación ao longo destas décadas, destacando o traballo constante da asociación na dinamización social e na preservación e difusión da cultura e das tradicións galegas.
Novas relacionadas







