O delegado da Xunta na Arxentina transmítelles ás persoas participantes en “Reencontros con Galicia” que Galicia se sinte orgullosa de axudar a que poidan volver á terra onde naceron
Alejandro López Dobarro presidiu en Bos Aires a reunión organizativa do programa Reencontros con Galicia 2026.
O delegado da Xunta na Arxentina transmítelles ás persoas participantes en “Reencontros con Galicia” que Galicia se sinte orgullosa de axudar a que poidan volver á terra onde naceron.

O delegado da Xunta en Bos Aires, Alejandro López Dobarro, mantivo un encontro coas persoas participantes no programa Reencontros con Galicia 2026, antes de iniciar as súas viaxes a Galicia. Esta iniciativa permitirá que decenas de galegos e galegas residentes na Arxentina poidan regresar a Galicia, reforzando así os lazos coa súa terra natal.
Durante a reunión, López Dobarro transmitiulles ás persoas participantes do programa que Galicia se sinte orgullosa de axudar a que poidan volver á terra onde naceron, e destacou a importancia desta iniciativa para fortalecer os vínculos interxeracionais e culturais dos galegos e das galegas residentes no exterior, subliñando o profundo vencello entre Galicia e a diáspora arxentina.
Este programa, promovido pola Secretaría Xeral da Emigración, reflicte o compromiso da Xunta de Galicia de facilitar o reencontro dos galegos emigrados coas súas raíces culturais e históricas, fortalecendo o sentimento de pertenza e a conexión coa cultura galega.
Novas relacionadas