O delegado da Xunta na Arxentina destaca en Avellaneda o Camiño de Santiago como unha ponte que segue a unir Galicia coa súa diáspora

  • O delegado da Xunta na Arxentina destaca en Avellaneda o Camiño de Santiago como unha ponte que segue a unir Galicia coa súa diáspora.
    O delegado da Xunta na Arxentina destaca en Avellaneda o Camiño de Santiago como unha ponte que segue a unir Galicia coa súa diáspora.

Listen to this page using ReadSpeaker
Avellaneda (Arxentina), 24 de agosto de 2026.

O delegado da Xunta de Galicia na Arxentina, Alejandro López Dobarro, participou na inauguración da exposición fotográfica Acollida e Hospitalidade no Camiño de Santiago, do fotógrafo Manuel Vicente, organizada pola delegación da Xunta na Arxentina, a Municipalidade de Avellaneda e o Centro Galego de Avellaneda. O acto reuniu, entre outros, ao presidente da entidade, Fidel Lema Roget; á intendente de Avellaneda, Magdalena Sierra; á presidenta do Consello de Residentes Españois (CRE), Susana Carbia; así como a representantes de diferentes entidades da colectividade galega. A mostra propón achegarse á Ruta Xacobea desde a perspectiva das persoas que reciben, acompañan e axudan aos peregrinos ao longo do seu percorrido, reivindicando a hospitalidade como un dos valores esenciais do Camiño.

López Dobarro salientou o traballo do Centro Galego de Avellaneda por achegar a Galicia actual e os seus grandes símbolos culturais á colectividade galega na Arxentina, e destacou o Camiño de Santiago como “unha das mellores expresións desa Galicia aberta e acolledora que crea vínculos entre persoas de todo o mundo”. O delegado puxo tamén en valor o compromiso das entidades galegas por manter viva a identidade e transmitila ás novas xeracións a través de iniciativas culturais como esta, que combinou fotografía, música e baile tradicional galego e permitiu trasladar ata Avellaneda non só a dimensión patrimonial do Camiño, senón tamén os valores de solidariedade, encontro e hospitalidade que o caracterizan.

61 lecturas