Miranda: “Esta medalla recoñece moito máis ca unha entidade: recoñece décadas de esforzo, solidariedade e amor por Galicia e Canarias”
O secretario xeral da Emigración asistiu ao acto oficial do Día de Canarias no que a entidade galega recibiu a Medalla de Ouro de Canarias.
O secretario xeral sinalou que a Casa de Galicia “soubo manter vivas as raíces galegas ao tempo que se converteu nun exemplo de integración, solidariedade e servizo á comunidade”.
Miranda: “Esta medalla recoñece moito máis ca unha entidade: recoñece décadas de esforzo, solidariedade e amor por Galicia e Canarias”
Miranda: “Esta medalla recoñece moito máis ca unha entidade: recoñece décadas de esforzo, solidariedade e amor por Galicia e Canarias”
Miranda: “Esta medalla recoñece moito máis ca unha entidade: recoñece décadas de esforzo, solidariedade e amor por Galicia e Canarias”
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu hoxe ao acto institucional do Día de Canarias celebrado en Las Palmas de Gran Canaria, no que a Casa de Galicia en Las Palmas recibiu a Medalla de Ouro de Canarias, unha das máximas distincións que concede o Goberno autonómico.
Miranda felicitou á entidade por este recoñecemento e destacou que se trata dun premio que “pon en valor moitos anos de traballo, esforzo e compromiso coa sociedade canaria”. O secretario xeral sinalou que a Casa de Galicia “soubo manter vivas as raíces galegas ao tempo que se converteu nun exemplo de integración, solidariedade e servizo á comunidade”.
O responsable autonómico lembrou ademais que a entidade desenvolveu ao longo da súa historia unha intensa actividade social e cultural, converténdose nun dos grandes referentes da colectividade galega en Canarias. Miranda quixo tamén destacar especialmente o seu labor solidario, que transcendeu á propia comunidade galega e deixou unha fonda pegada na sociedade canaria.
“Os centros galegos son moito máis que espazos de encontro; son fogares onde se mantén viva a identidade, se transmiten valores e se constrúen pontes entre Galicia e o mundo”, concluíu.
Novas relacionadas



