Emigración reafirma o seu apoio ao Centro Galego da República Dominicana para impulsar as actividades previstas nos vindeiros meses e manter viva a galeguidade no país

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela (A Coruña), 10 de febreiro de 2026.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un novo encontro de traballo co presidente do Centro Galego O Noso Lar da República Dominicana, Antonio Sánchez, no que se fixo balance da evolución da entidade e se abordaron os próximos proxectos previstos para este ano, entre eles a renovación da Praza de Galicia en Santo Domingo. Durante a reunión, tamén se puxo en valor o papel activo do centro como espazo dinamizador da cultura galega no país, lembrando que foi unha das entidades que acolleu o ciclo Mestre Mateo o pasado ano, cunha moi boa acollida por parte da colectividade e do público local.

O secretario xeral reafirmou o apoio da Xunta de Galicia a este proceso de dinamización, destacando o valor dos centros galegos como puntos de encontro, cohesión e transmisión da identidade cultural no exterior. Miranda animou á directiva a continuar traballando nesta liña e reiterou o compromiso do Goberno galego de acompañar aquelas iniciativas que reforcen a participación da comunidade galega e manteñan vivos os vínculos con Galicia.

240 lecturas