Miranda destaca en Salvador de Bahía o compromiso da colectividade galega e o seu papel como ponte entre Galicia e o Brasil

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou o Club Español de Salvador de Bahía, un espazo emblemático para a colectividade española e galega asentada nesta cidade brasileira. Durante o encontro, Miranda puxo en valor a longa traxectoria desta institución como punto de unión entre Galicia e Brasil, e aproveitou a ocasión para trasladar información sobre os programas da Xunta dirixidos ás galegas e galegos do exterior, así como sobre as distintas liñas de apoio ao retorno.
O responsable autonómico destacou o compromiso do Goberno galego coa colectividade residente no exterior e sinalou que as políticas de retorno, integradas na Estratexia Galicia Retorna, están a facilitar que cada vez máis galegos e descendentes poidan regresar a súa terra con apoio en materia de emprego, formación e emprendemento. Miranda agradeceu tamén á directiva do Club Español a súa labor cultural e social, que contribúe a fortalecer os lazos entre Galicia e a súa diáspora.
Novas relacionadas