Miranda destaca o labor realizada pola Asociación de Casas de Galicia de Barcelona e Provincia durante o 2024

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela (A Coruña), 4 de febreiro de 2025.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo esta mañá unha reunión cos representantes da Asociación de Casas de Galicia de Barcelona e Provincia para coñecer de primeira man o labor que desenvolven na promoción da cultura e tradición galegas en Cataluña, así como o seu traballo en prol da colectividade galega residente nesta comunidade.

Durante o encontro abordáronse as diferentes iniciativas que a entidade leva a cabo, así como a importancia de manter vivas as actividades sociais e culturais que permiten fortalecer a cultura galega fóra da terra. Tamén analizaron os proxectos que se desenvolverán ao longo deste ano e que permitirán seguir achegando a cultura galega ás diferentes áreas da provincia de Barcelona, especialmente a través da celebración de datas tan significativas como o Día das Letras Galegas.

393 lecturas