A web da Secretaría Xeral da Emigración, GaliciaAberta, aumenta un 55% as páxinas vistas en 2024 chegando casi ós 3 millóns e preto de 550.000 usuarios

As redes sociais suman máis de 15.000 novos internautas en todo o mundo, superando os 75.000 seguidores nas principais redes, un 26,3% máis que o pasado ano.

O portal web da Secretaría Xeral da Emigración recibiu o ano pasado 2.808.619 visitas, destacando especialmente as informacións relativas ao retorno e as convocatorias de axudas e programas.

A web da Secretaría Xeral da Emigración, GaliciaAberta, aumenta un 55% as páxinas vistas en 2024 chegando casi ós 3 millóns e preto de 550.000 usuarios
A web da Secretaría Xeral da Emigración, GaliciaAberta, aumenta un 55% as páxinas vistas en 2024 chegando casi ós 3 millóns e preto de 550.000 usuarios
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela (A Coruña), 21 de xaneiro de 2025.

GaliciaAberta, o portal web da Secretaría Xeral da Emigración, volveu incrementar o seu número de usuarias e usuarios durante o último ano, ata superar os 548.000, superando as 2.808.619 páxinas vistas. Así o amosan as estatísticas do exercicio que vén de rematar, no que as e os internautas realizaron algo máis do 55% de visitas máis á páxina emigracion.xunta.gal que no 2023.
 
Neste marco, cómpre salientar que os contidos máis visitados dentro de GaliciaAberta volveron ser os relativos ao retorno, en especial, sobre as Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME) así como as convocatorias de axudas e programas. Así mesmo, o Portal Retorna continuou a xerar un importante fluxo de visitantes, aportando ás galegas e galegos do exterior e ás e aos seus descendentes unha atención 24 horas na procura de facilitar a volta á casa.

Arxentina, Uruguai, EE.UU, Venezuela, Cuba, México, Suíza, Alemaña, Reino Unido, Colombia, Francia e Chile son os  países do exterior desde os que máis visitas se realizaron ao portal GaliciaAberta.
 
Redes sociais

En canto ás principais redes sociais nas que a Secretaría Xeral da Emigración conta cunha páxina activa para divulgar os seus programas e as fases das diferentes convocatorias, así como para promover as diferentes accións que tanto o Goberno galego como a propia colectividade galega no exterior leva a cabo para difundir a cultura, a lingua e a tradición galega, tamén experimentaron un crecemento durante 2024. As contas de GaliciaAberta en Facebook, X (antes coñecido como Twitter) e Instagram superan xa os 75.000 seguidores.
 
Destaca o caso de Instagram, onde os datos apuntan a un incremento de seguidoras e seguidores de máis do 27% acadando os 28.235, e que, xunto con Facebook, conta cun público obxectivo cunha idade media entre os 25 e os 45 anos, que son o público obxectivo ao que vai especialmente dirixida a Estratexia Galicia Retorna da Xunta.
 
GaliciaAberta chega ata os 35.287 seguidores e seguidoras en Facebook, aumentando preto dun 16,38% con respecto a 2023, e X supera os e as 6.100, cun incremento interanual superior ao 2,46%.

336 lecturas