Miranda resalta o impulso que da o Programa Merlo aos retornados para impulsar o desenvolvemento empresarial en Galicia

  • Miranda resalta o impulso que da o Programa Merlo aos retornados para impulsar o desenvolvemento empresarial en Galicia

Listen to this page using ReadSpeaker
A Coruña, 12 de xullo de 2024.

O Secretario Xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asiste ao encontro cos participantes do Programa Merlo. O programa, levado a cabo pola Secretaría Xeral da Emigración en colaboracion coa Fundación Ronsel, ten como obxectivo proporcionar as ferramentas necesarias aos galegos retornados para crear e consolidar as súas empresas en Galicia.

Durante o encontro, Rodríguez Miranda subliñou a importancia deste programa para garantir que as iniciativas empresariais dos retornados teñan unha sólida proxección de futuro. "O noso compromiso é apoiar aos novos empresarios para que poidan consolidar os seus negocios na nosa comunidade autónoma", afirmou.

O Programa Merlo ofrece unha ampla gama de xornadas formativas que abarcan temas como o márketing, a transformación dixital, a xestión e a dirección de empresas, a comunicación, as vendas e a potenciación de marcas. Ademais, case un centenar de emprendedoras e emprendedores galegos retornados contan con mentores que lles proporcionan apoio e acompañamento, reforzando as súas habilidades e fortalezas.

Este encontro marca un paso significativo na continuidade do Programa Merlo, simbolizando a unión e o compromiso de todos os presentes para seguir construíndo un futuro próspero para Galicia e a súa diáspora.

466 lecturas