A Xunta inicia o Programa Merlo coa organización das e dos mentores que apoiarán ás e aos emprendedores retornados galegos

O secretario xeral da Emigración, durante as xornadas de organización e formación
O secretario xeral da Emigración, durante as xornadas de organización e formación
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 13 de maio de 2022.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu ás xornadas de organización e formación de mentoras e mentores que participarán no Programa Merlo de apoio ás emprendedoras e emprendedores retornados. Deste xeito, dase inicio a esta iniciativa que ten como obxectivo impulsar a consolidación e o crecemento das empresas creadas por aqueles galegos e galegas do exterior que retornaron e apostaron polo autoemprego.

Os mentores e mentoras que participaron nestas xornadas, nas que colabora a Fundación Ronsel, están especializados en márketing, xestión, ventas, comunicación empresarial, coaching, economía circular, marca persoal e transformación dixital, de xeito que poidan aportar ás e aos futuros emprendedores retornados que mentoren as ferramentas necesarias para implementar as iniciativas que estes empresarios e empresarias teñan en marcha. 

372 lecturas