Un hórreo na Casa de Galicia en León para fortalecer a identidade galega

  • Imaxe do acto celebrado na sede da entidade galega na capital leonesa
    Imaxe do acto celebrado na sede da entidade galega na capital leonesa

Listen to this page using ReadSpeaker
León, 18 de maio de 2024.

A Casa de Galicia en León acolleu este venres a inauguración dun hórreo galego coa participación da subdirectora xeral de Coordinación Administrativa, Económica e de Programas Sociais da Secretaría Xeral da Emigración, Lorena Antelo, simbolizando o desexo de compartir a cultura galega e fortalecer os lazos que unen á comunidade.

Os hórreos, máis que simples construcións, son considerados testemuños vivos da historia e tradición galegas. "Representan a sabedoría ancestral dos nosos antergos, que souberon aproveitar os recursos da contorna para conservar os seus alimentos e, con eles, a súa cultura e modo de vida", engadiu. Este hórreo inaugurado en León non é só unha mostra da arquitectura tradicional galega; é tamén un símbolo da identidade galega nesta fermosa cidade”.

632 lecturas