Miranda destaca o esforzo da nova directiva do Centro Partido da Estrada de Bos Aires por revitalizar a asociación e potenciar as actividades a prol da colectividade
Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2023.
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro con José Manuel Besteiro, presidente do Centro Cultural Partido da Estrada de Bos Aires, Arxentina. Durante esta reunión, o responsable deste departamento autonómico valorou moi positivamente o esforzo da nova directiva desta entidade por revitalizala, atraer ás e aos máis novos e potenciar as actividades a prol da colectividade galega na capital arxentina.
Miranda agradeceu ao presidente desta entidade o traballo que están a facer para atraer novos socios e socias, poñer en marcha novas iniciativas sociais, culturais e deportivas e promocionar a cultura e a tradición galegas entre a comunidade de descendentes galegas e galegos.
Novas relacionadas




