Emigración presenta hoxe por Facebook Live o Ciclo de cine Mestre Mateo para os galegos e galegas do exterior
Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2022.
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, presenta hoxe, 2 de marzo, ás 13 horas (hora local de España) a través do Facebook Live de GaliciaAberta o novo Ciclo de cine Mestre Mateo para os galegos e galegas do exterior.
Nesta presentación estará acompañado do director xeral de AGADIC, Jacobo Sutil, e do presidente da Academia Galega do Audiovisual, Álvaro Pérez Becerra. O Ciclo Mestre Mateo é unha programación estable de cinema dirixida á Galicia Exterior, que permitirá incluír na súa oferta cultural o máis destacado do audiovisual galego actual, dando así proxección internacional á cultura e lingua galegas.
Novas relacionadas




