A Xunta explica a experiencia do modelo de vacinación galego da covid-19 nun encontro dixital co CRE da República Dominicana
A Xunta de Galicia explicou a experiencia e o modelo de vacinación galego nun encontro dixital coa República Dominicana e o CRE deste país, presidido por Eduardo Pahino, quen organizou este interesante encontro telemático sobre un tema fundamental como é o tratamento da pandemia da covid-19. Neste encontro participaron o subdirector xeral da Emigración, Antonio Casas, e o xefe do Servizo de Control de Enfermidades Transmisibles da Consellería de Sanidade, José Antonio Taboada.
Neste encontro tamén participou Yenni Neira, especialista en saúde pública e asesora de inmunizacións da Organización Panamericana da Saúde na República Dominicana. O CRE deste país está presidido por Eduardo Pahino, quen fixo posible este intercambio de experiencias, centrado nunha temática de máxima actualidade dentro do contexto da actual pandemia.
Novas relacionadas





