O Centro Galego de Tenerife renova o seu compromiso de solidariedade cos e coas que máis o necesitan
Este pasado sábado, 15 de decembro, o Centro Galego de Tenerife celebrou a súa xa tradicional cea do Nadal para persoas sen recursos, compromiso solidario que vén organizando desde 1999. En dúas quendas, o local da entidade na rúa de Los Sueños da capital chicharreira acolleu a preto de 120 persoas que están a pasar dificultades económicas e que, ademais dun menú de Nadal, puideron desfrutar coas actuacións musicais dos grupos Gaiteiros de Tenerife e Azúcar y Limón.
Medios de comunicación canarios como os xornais El Día e La Opinión e o Noticias Regional de Antena 3 TV en Canarias tamén se fixeron eco deste evento benéfico que cada ano se encargan de preparar, coa colaboración desinteresada de varias empresas provedoras, socias e socios e simpatizantes do Centro Galego.
Fonte e fotos: Centro Galego de Tenerife
Novas relacionadas






