18 anos de solidariedade do Centro Galego polo Nadal tinerfeño

  • 123 persoas sen recursos participaron este ano na cea benéfica do Nadal que anualmente organiza o Centro Galego de Tenerife
    123 persoas sen recursos participaron este ano na cea benéfica do Nadal que anualmente organiza o Centro Galego de Tenerife

Listen to this page using ReadSpeaker
Santa Cruz de Tenerife, 14 de decembro de 2017.

O pasado sábado 9 de decembro, o local da Calle de los Sueños -sede do Centro Galego- acolleu un ano máis a Cea do Nadal que desde 1999 vén organizando a entidade galega na capital chicharreira a prol das e dos que menos teñen.

A cea, á que asistiron 123 persoas sen recursos repartidas en dúas quendas, estivo amenizada coa actuación do Grupo de gaitas do Centro Galego e do Grupo de sevillanas e flamenco “Azucar Limón”. O menú, que consistiu en rancho canario, luras en salsa con patacas arrugadas, plátanos, sobremesas do Nadal, auga e refrescos varios, foi elaborado e servido por socios e socias e simpatizantes, e contou tamén coa axuda de varias empresas colaboradoras. Ao remate da mesma, entregáronse ás e aos asistentes cadansúa mochila e bolsas con alimentos non perecedoiros.

Fonte e fotos: Centro Galego de Santa Cruz de Tenerife

704 lecturas