O Centro Galego de Tenerife renova o seu compromiso de solidariedade cos e coas que máis o necesitan

  • A entidade galega da capital chicharreira vén organizando este acto benéfico desde 1999
    A entidade galega da capital chicharreira vén organizando este acto benéfico desde 1999

Listen to this page using ReadSpeaker
Santa Cruz de Tenerife, 19 de decembro de 2018.

Este pasado sábado, 15 de decembro, o Centro Galego de Tenerife celebrou a súa xa tradicional cea do Nadal para persoas sen recursos, compromiso solidario que vén organizando desde 1999. En dúas quendas, o local da entidade na rúa de Los Sueños da capital chicharreira acolleu a preto de 120 persoas que están a pasar dificultades económicas e que, ademais dun menú de Nadal, puideron desfrutar coas actuacións musicais dos grupos Gaiteiros de Tenerife e Azúcar y Limón.

Medios de comunicación canarios como os xornais El Día e La Opinión e o Noticias Regional de Antena 3 TV en Canarias tamén se fixeron eco deste evento benéfico que cada ano se encargan de preparar, coa colaboración desinteresada de varias empresas provedoras, socias e socios e simpatizantes do Centro Galego.

Fonte e fotos: Centro Galego de Tenerife

394 lecturas