Máis de vinte anos de solidariedade do Centro Galego de Tenerife polo Nadal

  • O Centro Galego distribuíu máis de cen bolsas con bebidas e alimentos para as persoas sen recursos
    O Centro Galego distribuíu máis de cen bolsas con bebidas e alimentos para as persoas sen recursos

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2020.

Substituíndo á tradicional cea que a entidade galega vén realizando nestas datas do Nadal dende 1999 a prol das persoas sen recursos, o Centro Galego de Santa Cruz de Tenerife organizou unha entrega benéfica de máis de cen bolsas con bebidas e alimentos para aquelas e aqueles que máis o necesitan.

Para a súa distribución, cumprindo os protocolos de seguridade sanitaria por mor da covid-19, habilitouse unha fiestra na planta baixa da sede do Centro Galego, sita na rúa de Los Sueños da capital chicharreira. O resto do doado por empresas, socias e socios, simpatizantes e a propia entidade galega foi entregado ao Comedor Social da rúa La Noria desta localidade canaria.

Fonte e fotos: Centro Galego de Santa Cruz de Tenerife

329 lecturas