Miranda, entre os convidados e convidadas da III Romaría Internacional, organizada por Abanca en Celanova

  • Máis de 500 persoas participaron na Romaría, celebrada este ano en Celanova
    Máis de 500 persoas participaron na Romaría, celebrada este ano en Celanova
  • Máis de 500 persoas participaron na Romaría, celebrada este ano en Celanova
    Máis de 500 persoas participaron na Romaría, celebrada este ano en Celanova
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago, 30 de xullo de 2017.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, canda outras autoridades autonómicas e locais, participou na terceira edición da Romaría Abanca Internacional, celebración na que se encontran cada ano algunhas das persoas máis relevantes da diáspora galega, especialmente do ámbito económico e dos negocios.

Nesta ocasión, a Romaría tivo lugar no privilexiado enclave do Mosteiro de San Rosendo de Celanova, que foi percorrido polos e polas asistentes, e actuou na propia igrexa do mosteiro a soprano mexicana con orixes galegas Paula Nogueira. Con esta celebración, a entidade organizadora pon de manifesto a relevancia das e dos galegos do Exterior tamén no seu ámbito de actuación, motivo da presenza do máximo mandatario autonómico en materia de Emigración.

984 lecturas