Miranda, entre os convidados e convidadas da III Romaría Internacional, organizada por Abanca en Celanova
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, canda outras autoridades autonómicas e locais, participou na terceira edición da Romaría Abanca Internacional, celebración na que se encontran cada ano algunhas das persoas máis relevantes da diáspora galega, especialmente do ámbito económico e dos negocios.
Nesta ocasión, a Romaría tivo lugar no privilexiado enclave do Mosteiro de San Rosendo de Celanova, que foi percorrido polos e polas asistentes, e actuou na propia igrexa do mosteiro a soprano mexicana con orixes galegas Paula Nogueira. Con esta celebración, a entidade organizadora pon de manifesto a relevancia das e dos galegos do Exterior tamén no seu ámbito de actuación, motivo da presenza do máximo mandatario autonómico en materia de Emigración.
Novas relacionadas





