Miranda compartiu as celebracións de Nadal das colectividades galegas de Salamanca e Madrid
A celebración do Concerto de Nadal deste ano en Madrid coincidiu cos 30 anos de existencia do Club de Xornalistas Galegos na capital de España

O secretario xeral da Emigración puido constatar o nivel de implicación de toda a colectividade no desenvolvemento do Centro Galego de Salamanca

Na súa visita desta fin de semana ao Centro Galego de Salamanca, o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou as amplas instalacións da entidade, compostas por servizos de hostalaría e salas de usos múltiples que dan cabida a unha actividade cultural e social de certa relevancia. Tamén tivo ocasión de coñecer os detalles do espazo de recreo que o Centro posúe nos arredores da capital salmantina.
A colectividade galega na capital charra conta asemade cunha coral que mantén un alto nivel de actividade, e tanto os socios e socias como a directiva amosaron a súa disposición a poñer en marcha ou fornecer cantas actividades atraian á mocidade vinculada con Galicia, coa finalidade de garantir un relevo xeracional e manter o nivel de viveza coa que conta na actualidade o Centro.
En palabras de Miranda, a xornada de Nadal que compartiu no centro “foi unha experiencia ben agradable, por canto puiden constatar o nivel de implicación de toda a colectividade no desenvolvemento do Centro”, e destacou o papel do Presidente da entidade, José Ignacio Paz, “referente de toda a Galeguidade non só na súa cidade, senón en toda España, polo labor que realiza e a dedicación a este labor”.
No decurso da xornada de celebración, entregouse a insignia do Centro a unha socia con 25 anos de pertenza á entidade, e tamén se concedeu ese galardón ao secretario xeral da Emigración, en recoñecemento á colaboración da Administración autonómica coa entidade.
En Madrid
Xa en Madrid, Rodríguez Miranda participou na terceira edición do Concerto de Nadal organizado polo Club de Xornalistas Galegos en Madrid, que preside Pilar Falcón. O secretario xeral da Emigración gabou un “acto que é de toda a colectividade galega en Madrid, e que coincidiu cos 30 anos de existencia do Club de Xornalistas, que fixo desta efeméride un recoñecemento ao resto de entidades sectoriais e empresas que colaboran co Club”.
Rodríguez Miranda aproveitou o evento para facer un recoñecemento do seu departamento, e de toda a Galeguidade, a esta acción conxunta das galegas e os galegos na capital de España, tanto dos centros e casas de Galicia, como das asociacións sectoriais, liderada polo Club de Xornalistas. Estes dous foron os motivos (o trixésimo aniversario, e a organización do evento) polos que o Club recibiu de Miranda unha figura, unha monteira do artista galego Xaime Piñeiro.
O Concerto, que serviu de punto de encontro para persoas asociadas e directivas de entidades galegas en Madrid, tivo como colofón dúas actuacións, que pretendían reflectir o pasado e presente da música madrileña e galega. Así, en primeiro lugar Olga Ramos fico un percorrido polo cuplé e música de revista, característicos do Madrid do século XX, e o artista galego Óscar Ibáñez e grupo presentaron o seu último traballo, Alén do Mar, recompilación do traballo que o propio músico realizou como profesor dalgúns dos cursos que impartiu en diversos centros da Galeguidade por todo o mundo ao abeiro dos programas da Secretaría Xeral da Emigración, na súa faceta de docente. Cómpre salientar asemade que o grupo que acompaña a Ibáñez está formado por profesionais de distintas orixes de todo o mundo, actualmente residentes en Galicia, nun novo exemplo de integración e multiculturalidade, en consonancia coa xornada vivida en Madrid.
Para Miranda, “á marxe do indiscutible nivel das actuacións, o espírito que emana deste Concerto de Nadal favorece a idea dunha Galeguidade integrada e integradora, plenamente inserta no século XXI”.
Novas relacionadas