Miranda no 40 Aniversario do Club de Periodistas Galegos en Madrid: “Sodes un exemplo de compromiso coa nosa terra, levando o nome de Galicia alén das nosas fronteiras”

No acto realizouse a entrega dos Premios Galegos, que este ano recoñeceron á Corporación de Radio Televisión de Galicia (CRTVG), ao Real Club Celta de Vigo e ao mago Luis Boyano, entre outras personalidades destacadas.

Constituído en 1984, o Club de Periodistas Galegos en Madrid ten como obxectivo principal fomentar os valores da galeguidade no ámbito da comunicación e recoñecer o labor de profesionais e entidades destacadas.

  • Miranda no 40 Aniversario do Club de Periodistas Galegos en Madrid: “Sodes un exemplo de compromiso coa nosa terra, levando o nome de Galicia alén das nosas fronteiras”
    Miranda no 40 Aniversario do Club de Periodistas Galegos en Madrid: “Sodes un exemplo de compromiso coa nosa terra, levando o nome de Galicia alén das nosas fronteiras”
  • Miranda no 40 Aniversario do Club de Periodistas Galegos en Madrid: “Sodes un exemplo de compromiso coa nosa terra, levando o nome de Galicia alén das nosas fronteiras”
    Miranda no 40 Aniversario do Club de Periodistas Galegos en Madrid: “Sodes un exemplo de compromiso coa nosa terra, levando o nome de Galicia alén das nosas fronteiras”
  • Miranda no 40 Aniversario do Club de Periodistas Galegos en Madrid: “Sodes un exemplo de compromiso coa nosa terra, levando o nome de Galicia alén das nosas fronteiras”
    Miranda no 40 Aniversario do Club de Periodistas Galegos en Madrid: “Sodes un exemplo de compromiso coa nosa terra, levando o nome de Galicia alén das nosas fronteiras”
  • Miranda no 40 Aniversario do Club de Periodistas Galegos en Madrid: “Sodes un exemplo de compromiso coa nosa terra, levando o nome de Galicia alén das nosas fronteiras”
    Miranda no 40 Aniversario do Club de Periodistas Galegos en Madrid: “Sodes un exemplo de compromiso coa nosa terra, levando o nome de Galicia alén das nosas fronteiras”
Listen to this page using ReadSpeaker
Madrid, 16 de decembro de 2024.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou hoxe no acto conmemorativo do 40 Aniversario do Club de Periodistas Galegos en Madrid, celebrado no Centro Cultural Eduardo Úrculo. No evento, no que tamén participaron representantes institucionais e do ámbito cultural galego, destacou o papel fundamental desta entidade na difusión e preservación da cultura galega na capital de España.

Rodríguez Miranda subliñou a importancia do traballo realizado polo Club de Periodistas Galegos ao longo destas catro décadas, promovendo valores de galeguidade e fortalecendo os vínculos entre Galicia e a súa diáspora. “Sodes un exemplo de compromiso coa nosa terra, levando o nome de Galicia alén das nosas fronteiras a través da palabra, da pluma e da imaxe”, afirmou.

O acto contou coa presentación do libro conmemorativo “40 años que marcan la diferencia. Club de Periodistas Gallegos de Madrid en perspectiva”, a cargo do director do xornal El Debate, Bieito Rubido. Ademais, realizouse a entrega dos Premios Galegos, que este ano recoñeceron á Corporación de Radio Televisión de Galicia (CRTVG), ao Real Club Celta de Vigo e ao mago Luis Boyano, entre outras personalidades destacadas.

Rodríguez Miranda entregou o galardón ao Real Club Celta de Vigo, representado polo seu conselleiro, Antón Álvarez, destacando o papel desta entidade como embaixadora deportiva de Galicia e como exemplo de conexión coas súas raíces. O secretario xeral da emigración tamén entregou ó Club de Xornalistas un faro polo seu aniversario, símbolo deses 40 anos sendo “faros de galeguidade”.

Na súa intervención de clausura, o secretario xeral da Emigración animou a seguir reforzando os lazos entre a comunidade galega residente en Madrid e Galicia, destacando que “a diáspora galega é unha das nosas maiores fortalezas, un tesouro que debemos coidar e potenciar para manter viva a nosa identidade colectiva”.

O acto concluíu cunha actuación musical a cargo de Emilio Rúa e cun cóctel de Nadal que serviu como punto de encontro para os asistentes.

Sobre o Club de Periodistas Galegos en Madrid

Constituído en 1984, o Club de Periodistas Galegos en Madrid ten como obxectivo principal fomentar os valores da galeguidade no ámbito da comunicación e recoñecer o labor de profesionais e entidades destacadas. Cunha traxectoria de catro décadas, esta entidade consolidouse como un referente na promoción da cultura e identidade galega na capital de España.

456 lecturas