Galicia desfila en Nova York

O Día da Hispanidade pola Gran Mazá cumpre 50 anos coa participación dunha vintena de países.

  • A Casa de Galicia de Nova York participou, un ano máis, no desfile pola Quinta Avenida da Gran Mazá
    A Casa de Galicia de Nova York participou, un ano máis, no desfile pola Quinta Avenida da Gran Mazá
  • A Casa de Galicia de Nova York participou, un ano máis, no desfile pola Quinta Avenida da Gran Mazá
    A Casa de Galicia de Nova York participou, un ano máis, no desfile pola Quinta Avenida da Gran Mazá
  • A Casa de Galicia de Nova York participou, un ano máis, no desfile pola Quinta Avenida da Gran Mazá
    A Casa de Galicia de Nova York participou, un ano máis, no desfile pola Quinta Avenida da Gran Mazá
Listen to this page using ReadSpeaker
A Coruña, 14 de outubro de 2014.

A Casa de Galicia en Nova York, que celebrou recentemente o seu 74 aniversario, é unha das entidades organizadoras do desfile da hispanidade de Nova York, que o domingo 12 de outubro celebrou os seus 50 anos de vida.

Con gaitas, bailes rexionais e todos os pequenos vestidos co traxe tradicional, os galegos e as galegas de Nova York desfilaron pola Gran Mazá. Este ano, o mariscal que representou a España foi un galego, Rafael Piñeiro, o primeiro subcomisario de Policía da cidade, que é o hispano co cargo máis alto do departamento de policías da cidade. Nacido en Galicia, emigrou primeiro a Cuba e chegou a Estados Unidos con 11 anos. Na comitiva galega tamén estaba Juan Ramón Martínez Salazar, cónsul xeral de España en Nova York. «Aquí cada vez son máis conscientes da importancia, non só demográfica, senón tamén cultural, dos pobos latinoamericanos», sinalou a Efe Martínez Salazar, que este ano exerceu de presidente de honra do desfile.

Unha vintena de países participaron na marcha, que xa ten medio século de vida, na que se escenificaron con música e bailes a boa relación que ten a comunidade latina con esta cidade. Edgardo Alonzo, presidente do Comité do Desfile, mostrouse orgulloso por alcanzar o medio século desta xa tradicional festa en Manhattan. «Cando os fundadores fixeron este desfile nunca imaxinaron a magnitude e a historia que iamos facer a comunidade hispana. Ogallá poidamos seguir mantendo esta unión, xa que ao vivir lonxe temos que loitar para que non se perdan os costumes nin a identidade de ningún país,» desexou.

Co pistoletazo de saída realizado nunha esquina da Quinta Avenida, esta arteria de Manhattan pronto se encheu de bailes tradicionais, música, cor e máscaras, cunhas 8.000 persoas participantes que desfilaron ante a atenta mirada dos centos de miles de persoas asistentes, segundo a organización.

Cunha comunidade de máis de 2,5 millóns de persoas, a cultura latina é cada día un piar máis básico na estrutura da cidade e o español a segunda lingua máis importante en Nova York, que á súa vez destaca pola unión entre os diversos grupos de inmigrantes de todas partes do planeta.

Nas marxes da Quinta Avenida, as e os miles de asistentes tamén celebraban a unión das súas culturas, e contemplaban a animada cumbia colombiana, a muiñeira galega ou a diablada boliviana ante lugares tan emblemáticos como o Rockefeller Plaza, o Central Park ou a Catedral de San Patricio. Unha delas, a ecuatoriana Georgina Espinosa, de 75 anos, 48 deles residindo en Nova York, explicou que case nunca se perdeu ningún desfile. «O que máis me gusta é a música, os colombianos e os mexicanos», asegurou mentres saudaba aos presentadores de televisión que desfilaban e que «ve todos os días».

Non faltaron bailes, disfraces e ritmo latino, aínda que as e os participantes botaron de menos á representación política da cidade neste evento, que en cambio si estiveron presentes no desfile portorriqueño que tivo lugar no pasado xuño.

 

Fonte e fotos: Global Galicia

1570 lecturas