O presidente da Casa Galega de Castela - A Mancha visita a Secretaría Xeral da Emigración
Francisco Fernández Lista, presidente da Casa Galega de Castela – A Mancha (con sede en Albacete, e que foi fundada no ano 1995), visitou en datas recentes a Secretaría Xeral da Emigración, para informar das actividades da súa comunidade e fornecer as ligazóns co departamento da Xunta encargado das relacións coa diáspora.
En ausencia do secretario xeral, en viaxe oficial por Uruguai e Arxentina, Fernández Lista foi recibido polo subdirector xeral de Emigración e das Comunidades Galegas, Ramón Brigos, e o xefe de Gabinete, Ildefonso de la Campa, quen se interesaron polas expectativas de futuro da única comunidade galega presente naquela Comunidade Autónoma, na que residen, segundo os datos do INE a 1 de xaneiro de 2013, un total de 5.765 persoas nadas en Galicia.
Novas relacionadas




