A galeguidade canaria
A canaria sempre foi unha persoa tolerante e adaptable a toda situación, traballo e país; de aí o seu carácter universal e o seu recoñecemento polos demais pobos como alguén de fiar e a ter en conta. Moitas destas características residen, como non, no pobo galego, que ao igual que o canario se viron obrigados polas circunstancias a emigrar, non só a outras rexións do seu propio país, senón a outros lugares moito máis afastados, levando consigo as súas raíces, os seus costumes, os seus valores e os seus principios. E ao igual que o canario, o galego alá onde vai busca aos seus paisanos e paisanas e xúntanse e organizan escolas de artesanía, gastronomía e folclore -as raíces de calquera pobo-, para seguir unidos na distancia e así non esquecer a súa propia orixe.
Precisamente, na Feira Internacional de Turismo (Fitur) que se celebrou recentemente en Madrid, preto do pavillón canario instalábase o galego e, cando as autoridades de ambas as dúas comunidades se encontraron, as galegas déronlle as grazas ao presidente canario por ter a deferencia de ter asistido ao acto institucional que se celebrou recentemente no Centro Gallego de Tenerife ao conmemorarse o 50 aniversario da súa fundación.
E é que en Canarias tamén se fala galego, polo que o presidente do Centro Gallego en Tenerife, o señor Eduardo Sánchez Solla, sempre estará agradecido ao apoio que as autoridades canarias, os medios de comunicación e o pobo canario, en xeral, prestan ao labor dunha institución privada, pero que naceu para integrarse na sociedade canaria e compartir con ela, precisamente, ese carácter universal que define ambos os dous pobos.
Xa dende o ano 1996, que foi cando xurdiu a idea de crear o devandito centro, o proxecto pasaba por adoptar o firme compromiso de divulgar os valores e a idiosincrasia do pobo galego, comezando coa divulgación da súa cultura e costumes, non só entre as novas xeracións de galegos e galegas -moitas e moitos deles nacidos en Canarias-, senón tamén entre o pobo canario en xeral. E aínda que é certo que a "galleguidad" lles foi outorgada un ano despois, foi en 1963 cando inauguraron a súa propia sede.
E tras algúns anos impartindo e desenvolvendo un labor de divulgación encomiables: gastronomía galaico-canaria, música (a escola de gaitas é formidable), danza (entre as que destacan a galega, a canaria e a andaluza), e demais cursos sobre cultura e costumes galegos, ademais de diversos actos de solidariedade coas e os máis necesitados da sociedade canaria, foilles recoñecido o seu labor polo Consello de Ministros, outorgándoo en 1970 ao devandito centro, o recoñecemento de "Utilidade Pública".
Precisamente, a súa dedicación ás persoas máis desfavorecidas e ás máis necesitadas é do que máis orgullosos se senten os seus 186 socios e socias -dos que 138 son de orixe galega-, pois, entre os seus propósitos encóntrase o apoio e axuda a aqueles e aquelas que menos teñen, así como socorrer ás e aos que sufran ou padezan algunha minusvalidez física ou psíquica; para o que, sempre que poden, están dispostos a colaborar con outras entidades benéficas ofrecendo o seu apoio moral e económico, como así vén sucedendo dende o ano 1999, xa que polas datas de Nadal adoitan organizar un evento benéfico onde os socios e socias, en colaboración con distintas empresas e particulares, elaboran un menú especial e se dá de merendar e de cear a moitas persoas necesitadas, acompañadas pola calor persoal e, como non, polo son das gaitas..
Fonte: Eldía.es
Novas relacionadas




