O 50% de inmigrantes de segunda xeración séntese español ou española
O maior estudo realizado neste país confirma un avance constante cara á integración.
As e os expertos atribúeno a que non se formaron grandes guetos.
O 50% dos fillos e fillas daqueles e daquelas inmigrantes que chegaron a España na década dos noventa, hoxe adolescentes, séntense españois ou españolas. A porcentaxe é aínda maior entre as e os que naceron no país (80%) fronte ás e aos que chegaron a idades temperás. Así o conclúe a Investigación Lonxitudinal sobre a Segunda Xeración en España, elaborada polo Instituto Universitario Ortega y Gasset e a Universidade de Princeton, publicada onte, a maior realizada sobre esta xeración, con 6.900 enquisados e enquisadas en 180 centros escolares (públicos e concertados).
"Estes resultados indican un avance lento [en 2008 só o 30% deses rapaces e rapazas sentíanse na casa] pero favorable en termos de integración", asegura Alejandro Portes, un das persoas coautoras, xunto con Rosa Aparicio, do estudo. Héctor Cebolla, profesor de Socioloxía na UNED, experto na materia, coincide. "É un éxito se se ten en conta que a maioría de inmigrantes (os pais) levan moi pouco tempo no país, apenas unha década," di. "O sorprendente é que os fillos se sintan españois. As segundas xeracións son maioritariamente autóctonas, nacidos en España, pero o seu proceso de socialización prodúcese na familia, e os pais son persoas estranxeiras que se comportan como tales", explica. "Seguramente esta porcentaxe que se sente español aumente no futuro", augura Cebolla.
O colectivo aspira á mesma formación e emprego que o resto de españois e españolas
O estudo destaca que menos dun 10% dos fillos e fillas de inmigrantes di terse sentido discriminado. Para o fillo de 11 anos de Miguel Ángel González, venezolano, ese foi un dos principais escollos cando chegou a España con oito. Custoulle bastante ser aceptado, ata cambiou o seu xeito de vestir e falar. Polo seu acento, parece que tivese nacido aquí, explica o pai, dono dunha franquía de mensaxería, que quere que o seu fillo "non esqueza as súas raíces".
Cebolla sinala que a dispersión no territorio español da poboación inmigrante tamén contribuíu á integración das segundas xeracións. "Non" se formaron "guetos, nin grandes concentracións como acontece noutros países", indica. Nas enquisas realizadas polas e polos investigadores en 2012, as e os procedentes de Filipinas e as e os Bulgaria foron as e os adolescentes que declararon sentirse españois ou españolas en maior proporción, mentres que as e os chineses e bolivianos e bolivinas mostraron un maior desarraigamento. "Quizais pola súa relación máis estreita co seu propio colectivo", indica Aparicio.
Os seus fogares son máis humildes, pero sacan as mesmas notas que os demais
Máis alá do sentimento de pertenza ao país, as e os chamados inmigrantes de segunda xeración, en realidade fillas e fillos de persoas estranxeiras nacidas en España ou traídos a idades temperás, comparten coas mozas e os mozos españois as súas aspiracións respecto aos estudos e o emprego. En torno a un 70% desexaría cursar estudos universitarios e de posgrao, sobre todo elas (77%). Aínda que as súas expectativas de conseguilo son, en moitos casos, inferiores, debido aos ingresos modestos que entran nos seus fogares. Só un 57% espera realmente acceder á universidade.
Non é o caso do fillo de Miguel Ángel González, inmigrante venezolano, que a punto de cumprir os 12 anos, xa sabe que quere ser informático e ten un blog sobre o tema que "actualiza diariamente", di o pai. "As súas notas son de sobresaínte". Por iso González cre que o seu pequeno conseguirá as súas metas profesionais.
Menos dun 10% das e dos enquisados din ter notado discriminación
Os investigadores fan unha lectura positiva da alta permanencia no sistema escolar das e dos enquisados. Un 80% dos mozos e mozas de 17 a 18 anos enquisados en 2008 continuaban os seus estudos en 2012 cando foron entrevistados por segunda vez para o seguimento do devir das súas vidas.
Así, Portes destaca que "a metade tiña avanzado" na súa educación, aínda que só un "privilexiado 5% ", alcanzara a universidade. "Só un terzo da mostra aínda seguía loitando por rematar a secundaria ou en programas de cualificación profesional inicial (PCPI) ", indicou o investigador de Princeton.
As e os chineses deixan pronto os estudos para colaborar co negocio familiar
Hai diferenzas entre países: as e os dominicanos e os chineses e chinesas son os que máis abandonan. "Os fillos de chineses son dos que máis deixan os estudos porque pronto se incorporan ás empresas familiares. Non obstante, os que quedan na escola son os que máis avanzan e mellores notas teñen, apunta Portes.
Aínda que, en conxunto, a nota media das e dos inmigrantes de segunda xeración (6,15) é só medio punto porcentual inferior á dos adolescentes españois e españolas. A media é, non obstante, superior nos fillos e fillas de pais de Europa occidental, mentres que procedentes de Bolivia, República Dominicana e Marrocos aproban raspado. Este atraso pode deberse, en opinión de Portes, a dous aspectos: o menor nivel de estudos nos países de orixe (no caso das e dos que chegaron de moi novos) ou a baixa cualificación académica dos pais.
Os indicadores de abandono escolar, desemprego, así como os das aspiracións académicas, son moi parecidos entre as e os inmigrantes de segunda xeración e as mozas e os mozos autóctonos (de pais españois). "Só se observan diferenzas en canto á vantaxe académica en termos de notas e nos ingresos familiares", destaca Portes. Malia compartir ambicións, as familias de pais inmigrantes contan con menos capacidade económica para afrontalas. O 66% dos fogares dos enquisados non supera os 1.500 euros mensuais, fronte ao 25% dos fogares de españois que viven por debaixo deses ingresos.
Tamén o desemprego causa efecto nos inmigrantes de segunda xeración, segundo esta investigación o 16% declárase no paro, unha porcentaxe parecida ás mozas e aos mozos españois da mesma idade (14%).
Malia que os mozos e mozas avanzan nas súas expectativas de educación futuras e na súa identificación co país, "unha pequena minoría" dá síntomas preocupantes, como "maternidade ou paternidade prematuras ou encontros coa policía", recoñece o documento.
Elas son máis ambiciosas
"A vantaxe feminina vese en todos os ámbitos académicos", sinala Alejandro Portes, autor do estudo sobre inmigrantes de segunda xeración. Elas teñen ambicións máis altas, sacan mellores notas e logran en maior medida as súas aspiracións de lograr un título universitario ou de posgrao. Unha música que en España xa soa coñecida entre as e os autóctonos.
Así, as adolescentes nacidas en España fillas de inmigrantes ou chegadas de nenas continúan os seus estudos en maior proporción que os rapaces. Un 86,3% das enquisadas en 2008 para o estudo, seguían no sistema escolar catro anos despois, cando se lles volveu entrevistar. Eles foron un 82,7%. Pero as adolescentes tamén avantaxan aos seus compañeiros varóns no nivel académico alcanzado nese tempo. Case a metade das mozas cursaban bacharelato en 2012, fronte a un 39,3% dos estudantes masculinos. Mesmo máis, un 6% das enquisadas estaban na universidade, dous puntos por enriba dos seus compañeiros de xeración.
Neste sentido, Portes sinala que as ambicións "son moi importantes" porque se un mozo desexa ir á universidade pode que o consiga ou non, pero se non aspira a iso, "seguro que non". E as mulleres inmigrantes de segunda xeración teñen aspiracións máis altas. O 77% quere ir á universidade, un 7% máis que os rapaces. "De novo elas sácanlles vantaxe", di o autor. Máis aínda, unha de cada tres adolescentes enquisadas dixo que lle gustaría cursar un título de posgrao. Só un quinto dos varóns expresou o mesmo desexo. E todo con mellores notas. Elas soben a media.
Fonte e foto: El País
Novas relacionadas







