Nace o proxecto 'Igualdadenarede' en Facebook, Tuenti e Twitter

Onte foi presentado pola secretaria xeral da Igualdade nunha rolda de prensa celebrada en Santiago.

O obxectivo da comunicación corporativa a través destas plataformas é invitar á corresponsabilidade de toda a sociedade e a vivir a igualdade en primeira persoa.

Listen to this page using ReadSpeaker

A Secretaría Xeral da Igualdade estrea os seus espazos nas redes sociais facebook, Twitter  e tuenti.Susana López Abella presentou na mañá de onte en rolda de prensa o proxecto de comunicación da Secretaría Xeral da Igualdade en redes sociais, que a partires de hoxe está presente en facebook, tuenti e twitter.

Igualdadenarede
Baixo ese slogan, a Secretaría Xeral adéntrase nas redes sociais, como continuación dunha primeira fase realizada en facebook e tuenti no marco da campaña do día 8 de marzo "Sen mulleres non hai Galicia".

Susana López Abella resumíu entre os obxectivos da presenza nas redes sociais “viralizar a cultura da igualdade, sumar apoios, engadir opinións, invitar á corresponsabilidade de toda a sociedade e a vivir a igualdade en primeira persoa”. Trátase de utilizar a potencialidade das redes sociais para facer da igualdade un vínculo que conecte os intereses de milleiros de persoas “que estean dispostas a sumarse á causa dunha sociedade máis equitativa”.

O segmento de poboación máis nova representa un obxectivo preferente deste proxecto de comunicación, xa que recentes estudos detectan un notable déficit de igualdade e a persistencia de estereotipos de xénero nos rangos de idade da adolescencia e da mocidade, segundo puxo de relevo a secretaria xeral da Igualdade na presentación.

A poboación usuaria das redes oscila entre os 18 e os 55 anos, sendo España o país da Unión Europea que máis utiliza Internet para visitar redes sociais, segundo unha enquisa realizada á cidadanía de 24 países en todo o mundo, publicada este luns. Desvela que o uso máis común de Internet en España, despois do correo electrónico, son as visitas a redes sociais ou blogs, cun 70%.

As direccións do perfil de Igualdade nas redes son facebook.com/igualdadenarede, tuenti.com/igualdadenarede e @igualdadenarede, para twitter.

826 lecturas