A cineasta Margarita Ledo presenta o documental 'Notas para unha película' á Secretaria Xeral da Igualdade

Nel interveñen mulleres emigrantes de cinco xeracións e será presentado en Bos Aires o vindeiro 12 de maio.

Listen to this page using ReadSpeaker

Secretaría Xeral da Igualdade - Xunta de Galicia.A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, mantivo onte unha xuntanza con Margarita Ledo, investigadora da USC e cineasta, na que lle presentou o seu documental Notas para unha película, no que interveñen mulleres emigrantes de cinco xeracións.

Segundo explicou a cineasta, esta produción é resultado da fase de investigación desenvolvida para o filme de ficción A cicatriz branca, dirixido e guionizado por ela. Notas para unha película, de 50 minutos de duración, foi gravado en Bos Aires e será presentado na capital arxentina o vindeiro 12 de maio.

785 lecturas