"É como un grande abano que pode espertar fibras"

Laura Gardós Velo, directora de Anos Despois.

"A mestura de culturas permite que vivamos saltando os nosos popios límites".

"Recoñezo en Carlos Velo unha herdanza enorme.

"O resultado final de Anos Despois foi moi satisfactorio".

"Unha película sen espectadores non vale para nada".

Listen to this page using ReadSpeaker

Anos despois é o primeiro proxecto cinematográfico de Laura Gardós Velo. A súa estrea na clausura do Festival Internacional de Cine de Ourense obtivo aplausos entre a crítica e o público e conseguiu validarse como digna sucesora do seu avó, Carlos Velo. Precisamente a historia ten que ver con esa traxectoria persoal da directora e do seu avó ao ter que marchar ao exilio tras a Guerra Civil. Non obstante, Gardós Velo demostra que non é unha película máis sobre a guerra e tampouco unha mitificación do exilio.

Anos despois presentouse no OUFF de 2010 e agora regresa para clausurar o Festival. Esta filiación é unha obriga ou unha buscada referencia?

É verdade que existe unha importante vinculación con Ourense. Presentouse aquí e comezou a traballarse no proxecto dende aquí. Concorren ademais circunstancias que se reflicten na película e por suposto a cidade e as súas institucións son un importante punto de apoio. Quero dicir que tamén México xoga outro papel fundamental, non en van rodouse entre México, Ourense e Cartelle, pobo natal de Carlos Velo.

Ten a sensación de que a Guerra Civil e o exilio son recorrentes na cinematografía española?

No meu caso hai un principio detonante que ten que ver coa guerra e logo co exilio. Inflúe a situación para contar a historia e para decidir o camiño das personaxes, pero é unha circunstancia máis porque na película suceden moitas outras cousas e moitas historias paralelas.

A que intención responde a película? Cal é a intencionalidade do argumento?

Ten diferentes lecturas. Por un lado, hai unha identificación co sentimento de arraigamento, co exilio e coa mestura cultural; e un trasfondo onde aparecen historias persoais decisivas.

Quen nace na emigración ou vive a diáspora ten diluída a súa identidade?

A mestura enriquece sempre. As distintas culturas provocan que vivamos saltando os nosos propios límites e se produza unha constante liberación de prexuízos e se borren as mentalidades reducionistas.

Esta mestura da que son froito moitos emigrantes e descendentes de emigrantes galegos está suficientemente analizada?

Non teño os coñecementos necesarios para facer unha radiografía do exilio en Galicia pero, no caso da película, esta circunstancia é un referente. É só para ficcionar unha historia que se me ocorre en Galicia.

Anos Despois é o proxecto audiovisual máis ambicioso do ano en Galicia. É esta unha responsabilidade asumible?

Teño absolutamente claro o nivel que alcanzou. Valoro especialmente o esforzo de todas as autoridades galegas e mexicanas. E non cabe dúbida que foi un proxecto complicado pero certamente interesante e moi estimulante.

Recoñécese na obra creada?

Foi un traballo de moita xente e moi comprometida, non é só o traballo do director. O resultado foi moi satisfactorio.

Se tiña poucos retos, no seu caso está un engadido, ser neta do cineasta Carlos Velo?

É algo estimulante, belo. Recoñezo unha herdanza enorme. Ademais, hai unha liña familiar e afectiva, non é que me converta na súa depositaria pero sempre é un apoio, hai un trasfondo e isto é unha fortuna.

Quén debería ver a película?

Un filme para todo o público. Eu quero que así sexa. É como un abano que pode espertar fibras en toda a xente. Falamos de separacións humanas, de reencontros e de viaxes por senllas distintas.

Un grande aplauso é a mellor recompensa?

É o que un espera. Trátase de comunicar algo e é a satisfacción máis grande. Unha película sen espectadores non serve para nada.

 

Fonte: El Mundo | Fotos: El Mundo

1086 lecturas