Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
12Maio2026A Xunta abre o prazo de solicitude da nova edición do Retorna Cualifica Emprego coa que se prevé a volta con traballo de 200 galegos do exterior audio Este programa enmarcado na Estratexia Galicia Retorna xa permitiu que 400 galegos e galegas cunha media de 35 anos volvesen desde 21 países acompañados por familiares —en total, outras 160 persoas—, para traballar en 60 concellos distintos. A iniciativa Inclúe apoios para facilitar a instalación das persoas seleccionadas en Galicia, entre eles os destinados ao alugueiro de vivenda. Como novidade, refórzase o período de prospección e... Máis información
-
11Maio2026Miranda destaca o papel da Casa de Galicia en Curitiba na preservación da cultura galega en Brasil audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro coa presidenta da Casa de Galicia en Curitiba, Maribel Mariño, para analizar a actividade que desenvolve esta entidade e abordar novas vías de colaboración para seguir fortalecendo a presenza da cultura galega no estado brasileiro do Paraná. Durante a reunión, Miranda puxo en valor o labor que realiza a entidade como punto de encontro da colectividade galega e como... Máis información
-
08Maio2026Miranda agradece ao cónsul xeral do Uruguai en Galicia, Ramiro Rodríguez, o seu compromiso coa colectividade galega durante a súa etapa en Galicia audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro co cónsul xeral do Uruguai en Galicia, Ramiro Rodríguez, con motivo do remate da súa etapa diplomática na comunidade, xa que abandonará o seu cargo nos vindeiros meses tras varios anos de traballo en Galicia. Durante a reunión, Miranda agradeceulle a colaboración institucional mantida ao longo deste tempo e o seu compromiso coa colectividade galega vinculada ao... Máis información
-
07Maio2026A Xunta celebrará o 11 e o 12 novembro no Brasil o XIV pleno do Consello de Comunidades Galegas audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, presidiu hoxe de maneira telemática a Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas, na que se fixo o anuncio. Trátase do órgano de representación permanente da colectividade galega que reside fóra da Comunidade, conformado por doce entidades electas (catro doutras CCAA, catro de Europa, catro de América e do resto do mundo e un membro nato. O secretario xeral da Emigración,... Máis información
-
05Maio2026A Xunta destaca a Asociación de Empresarios Galegos do Uruguai como xeradora de Redes de Apoio para profesionais e emprendedores dentro e fóra do país audio O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, recibiu hoxe unha delegación da Asociación de Empresarios Galegos do Uruguai (AEGU). No encontro que tivo lugar na sede da Secretaría Xeral da Emigración, agradeceu o seu compromiso coa captación de investimentos e talento, salientando a importancia do seu traballo para fortalecer os lazos económicos entre Galicia e O Uruguai. Así, o secretario xeral destacou o papel activo... Máis información
-
04Maio2026A Xunta pon en valor as cantantes líricas que levaron o nome de Galicia polos grandes escenarios do mundo audio O secretario xeral da Emigración e o director da Casa de Galicia en Madrid participaron hoxe no acto de inauguración da exposición ‘Cantantes líricas galegas dos séculos XIX e XX. De Galicia aos teatros de Europa, América e África’. Segundo Antonio Rodríguez Miranda e Luis E. Ramos, a mostra que acolle a Casa de Galicia en Madrid reivindica o papel destas mulleres como pioneiras culturais e embaixadoras da cultura galega no exterior. O... Máis información
-
04Maio2026250 persoas galegas maiores de 65 anos do exterior poderán reencontrarse coa súa terra grazas ao programa Reencontros con Galicia da Xunta audio O Consello do Goberno galego analizou hoxe a nova convocatoria desta iniciativa da Secretaría Xeral da Emigración en colaboración coa Consellería de Política Social e Igualdade, que se desenvolverá do 7 ao 17 de outubro de 2026. As persoas beneficiarias terán a oportunidade de gozar dunha estadía nas residencias de tempo libre da Xunta en Panxón-Nigrán e O Carballiño, participar nun completo programa de actividades e reforzar os seus lazos... Máis información
-
02Maio2026A Xunta salienta a Jira Campestre do Centro Galego de México como unha das expresións máis relevantes da galeguidade viva no exterior audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou nesta tradicional romaría, que reuniu a miles de galegos e descendentes nunha xornada marcada pola música, a tradición e a convivencia. Subliña o papel destas celebracións como ponte coa diáspora e destaca a importancia de seguir apoiando iniciativas que contribúen a proxectar Galicia no mundo e a fortalecer a rede de centros galegos que actúan como embaixadores da nosa... Máis información
-
01Maio2026Fabiola García enxalza “a gran familia” que constitúen os centros galegos na Arxentina audio A conselleira de Política Social e Igualdade visitou hoxe o Centro Galego de Avellaneda, en Bos Aires, onde é madriña dos premios ‘Barca de Sálvora’. Pon en valor o importante traballo que desenvolven as comunidades galegas na promoción e difusión da nosa cultura, así como a súa contribución ao mantemento dos vínculos con Galicia. A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, destacou hoxe o valor que teñen os centros da... Máis información
-
30Abril2026A Xunta estenderá o Carné +65 aos galegos do exterior para que poidan desfrutar das súas vantaxes nas viaxes que realicen a Galicia audio A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, realiza esta semana unha viaxe institucional por América Latina, cuxa segunda parada está en Montevideo. Fabiola García mantivo un encontro coa colectividade galega que reside en Uruguai, onde presentou as medidas da Xunta destinadas a garantir o benestar das persoas maiores e das familias. Visitou a exposición ‘Galicia Bella’, instalada na sede da Intendencia de Montevideo e composta... Máis información
Páxinas |









