A Xunta pon en valor as cantantes líricas que levaron o nome de Galicia polos grandes escenarios do mundo
O secretario xeral da Emigración e o director da Casa de Galicia en Madrid participaron hoxe no acto de inauguración da exposición ‘Cantantes líricas galegas dos séculos XIX e XX. De Galicia aos teatros de Europa, América e África’.
Segundo Antonio Rodríguez Miranda e Luis E. Ramos, a mostra que acolle a Casa de Galicia en Madrid reivindica o papel destas mulleres como pioneiras culturais e embaixadoras da cultura galega no exterior.
A Xunta pon en valor as cantantes líricas que levaron o nome de Galicia polos grandes escenarios do mundo
A Xunta pon en valor as cantantes líricas que levaron o nome de Galicia polos grandes escenarios do mundo
A Xunta pon en valor as cantantes líricas que levaron o nome de Galicia polos grandes escenarios do mundo
A Xunta pon en valor as cantantes líricas que levaron o nome de Galicia polos grandes escenarios do mundo
A Xunta pon en valor as cantantes líricas que levaron o nome de Galicia polos grandes escenarios do mundo
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e o director da Casa de Galicia en Madrid, Luis E. Ramos, participaron hoxe no acto de inauguración da exposición Cantantes líricas galegas dos séculos XIX e XX. De Galicia aos teatros de Europa, América e África, que acolle a Casa de Galicia en Madrid e que pon en valor o legado de intérpretes galegas que acadaron proxección internacional ao longo da historia.
Durante a súa intervención, Miranda destacou que “esta exposición é un acto de xustiza histórica con mulleres que, co seu talento e determinación, levaron o nome de Galicia polos grandes escenarios do mundo”. Neste sentido, subliñou que Madrid se converte “no mellor escaparate para compartir co conxunto de España unha parte esencial do patrimonio cultural galego”.
A mostra, comisariada por Francisco Javier Garbayo Montabes e María del Carmen Lorenzo Vizcaíno, recolle a traxectoria de artistas que triunfaron en teatros de Europa, América e outros puntos do mundo, contribuíndo á difusión da cultura galega máis alá das súas fronteiras. A través de retratos, documentación e contidos divulgativos, a exposición permite achegarse ás súas vidas e carreiras, moitas veces esquecidas polo relato oficial .
O secretario xeral da Emigración puxo en valor o papel destas mulleres como “pioneiras e referentes, non só no ámbito artístico, senón tamén social”, e destacou a súa capacidade para abrir camiños nun contexto histórico complexo. “Foron auténticas embaixadoras da nosa cultura, exemplos de talento, esforzo e identidade galega no mundo”, engadiu.
Neste contexto, Miranda vinculou esta iniciativa patrocinada pola Xunta coas políticas de retorno do Goberno autonómico, lembrando que “Galicia traballa hoxe para recuperar e atraer talento, seguindo o exemplo destas galegas que demostraron que a nosa terra é capaz de proxectarse internacionalmente”.
A inauguración contou tamén coa participación da comisaria da exposición, María del Carmen Lorenzo, ademais dunha actuación musical a cargo da soprano Lucía Pernía e do guitarrista Marcos Arregui, que puxo o broche artístico ao acto.
A exposición permanecerá aberta ao público nas vindeiras semanas, consolidándose como un espazo de memoria, recoñecemento e difusión da historia cultural galega a través das súas protagonistas femininas.
Novas relacionadas



