Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
27Xuño2026A Xunta salienta en Vitoria o labor dos centros galegos do País Vasco na preservación da cultura e da identidade de Galicia audio O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, visitou o Centro Galego de Álava, sede tamén da Irmandade de Centros Galegos en Euskadi, con motivo da súa viaxe á comunidade para participar mañá nos actos do Día de Galicia en Euskadi. O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, visitou esta tarde o Centro Galego de Álava, sede tamén da Irmandade de Centros Galegos en Euskadi, onde foi recibido pola presidenta... Máis información
-
26Xuño2026Teléfonos de asistencia consular para Venezuela audio Ante o recente sismo ocorrido en Venezuela, a Secretaría Xeral de Emigración quere informar dos teléfonos de asistencia para emerxencias do Consulado Xeral de España en Caracas, así como da Oficina Consular do Ministerio de Asuntos Exteriores, UE e Cooperación en Madrid: +58 424-2090264 (Caracas). +34 91 000 1249 (Madrid). Ao mesmo tempo, queremos facer un chamamento a toda a comunidade galega residente en Venezuela para que manteña a calma,... Máis información
-
22Xuño2026Miranda reúnese con Juan Alvite, figura relevante da colectividade española en Río de Xaneiro para reforzar os lazos coa comunidade galega audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo, xunto ao delegado da Xunta en Bos Aires, Alejandro López Dobarro, un encontro con Juan Alvite, unha das personalidades de maior relevancia da colectividade española na cidade brasileira e un referente histórico do asociacionismo galego. A reunión serviu para intercambiar impresións sobre a realidade actual da comunidade galega e española en Río, así como para analizar novas... Máis información
-
20Xuño2026A Xunta destaca no 5º Encontro de amigos do Centro Galego de Maracaibo a volta á terra da descendencia daquelas xeracións que emigraron a Venezuela audio O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración participou hoxe no encontro en Oleiros. José González pon en valor este encontro impulsado por antigos socios e descendentes da colectividade galego-venezolana retornada, enxalzando a memoria compartida e a identidade que foi capaz de sobrevivir ao paso do tempo e á distancia. Referíndose aos que noutrora cruzaron o Atlántico buscando oportunidades, celebra que hoxe moita descendencia volva cruzalo... Máis información
-
20Xuño2026A Xunta pon en valor o traballo das delegacións autonómicas na Arxentina e no Uruguai para avanzar nas políticas de retorno e no apoio á colectividade audio O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, xunto co secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e o secretario xeral técnico da Consellería, Joaquín Macho, mantiveron esta semana unha reunión de traballo cos delegados da Xunta na Arxentina, Alejandro López Dobarro, e no Uruguai, Elvira Domínguez, co obxectivo de facer balance das políticas impulsadas polo Goberno galego dirixidas á colectividade e abordar os... Máis información
-
19Xuño2026Emigración publica a listaxe de puntuación provisional dos candidatos e suplentes das Bolsas de Excelencia para a Mocidade do Exterior (BEME) 2026 audio A Secretaría Xeral da Emigración publicou hoxe a listaxe coa puntuación provisional das persoas candidatas e suplentes, así como a listaxe de excluídas das Bolsas de Excelencia para a Mocidade do Exterior (BEME) 2026. As e os candidatos disporán de prazo ata o 26 de xuño para presentar as alegacións que consideren oportunas. O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE ALEGACIÓNS será dende hoxe 19 DE XUÑO AO 26 DE XUÑO DE 2026 (ata as 23:59 horas, horario... Máis información
-
17Xuño2026O programa de mentoría Merlo supera as 500 persoas participantes e reforza o apoio ao retorno e á integración en Galicia audio Máis de 500 persoas xa participaron no programa de mentoría Merlo desde a súa posta en marcha en 2021. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou hoxe nun encontro de networking desta iniciativa impulsada pola Xunta de Galicia en colaboración coa Fundación Ronsel, dirixida a beneficiarios das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME) e a galegos retornados. No encontro tamén participaron Alejandro López Dobarro,... Máis información
-
15Xuño2026A Xunta contará cunha nova sede da delegación en Bos Aires para reforzar os lazos coa colectividade e proxectar as oportunidades da Galicia actual audio O Consello da Xunta analizou hoxe un informe sobre a adquisición do inmoble, unha actuación estratéxica que permitirá reforzar a atención á colectividade galega e intensificar a promoción económica, cultural e turística de Galicia. O novo espazo, situado nunha das principais arterias da capital arxentina, conta con 730 m² distribuídos en tres alturas e foi adquirido por un importe equivalente aos 1,2 M€; está previsto que as obras de... Máis información
-
14Xuño2026A Xunta salienta os lazos históricos entre Vilanova de Arousa e a cidade alemá de Cuxhaven como exemplo do legado da emigración galega en Europa audio O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración participou na inauguración da I Xuntanza veciñal ‘Unindo xeracións’. O encontro celebrou o 25 aniversario da irmandade entre ambas localidades, consolidada a partir do importante fluxo migratorio desde o municipio pontevedrés cara ao norte de Alemaña nas décadas dos 60 e 70. José González, salientou o papel desempeñado por miles de galegos e galegas na industria pesqueira de Cuxhaven, contribuíndo... Máis información
-
14Xuño2026A Xunta agradece en Burgos o labor das directivas dos Centros Galegos para manter viva a cultura, as tradicións e os vínculos con Galicia audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou o Centro Galego en Burgos, onde mantivo un encontro co novo presidente da entidade, Daniel Rodríguez Domínguez, e co anterior responsable da institución, Ángel Ferreiro, co obxectivo de coñecer os proxectos e iniciativas que está a desenvolver a colectividade galega nesta cidade castelá. Durante a visita, Miranda puxo en valor o traballo realizado polo Centro Galego en Burgos... Máis información
Páxinas |









