Axenda
Buscador
-
26.04.2013O venres 26 de abril ás 20,00 h., no Salón Valle Inclán do Centro Galicia de Bos Aires, os mozos e mozas do Instituto Santiago Apóstol da capital porteña representarán a obra Touporroutou da lúa e do sol, do dramatrugo compostelán Roberto Vidal Bolaño, persoeiro homenaxeado... Máis información
-
26.04.2013O venres 26 de abril a partir das 21,00 h., na cantina do Centro Val Miñor de Montevideo, haberá foliada galega con música e baile tradicionais, brinde e queimada. A entrada é libre. Máis información
-
26.04.2013 a 28.04.2013Do venres 26 ao domingo 28 de abril, no Parc de Sant Martí de Barcelona, a Asociación "Cova da Serpe" da cidade condal celebra o seu XVIII Aniversario. Máis información
-
26.04.2013O venres 26 de abril ás 21,30 h., no Restaurante La Terreta de Massanassa (Valencia), o Centro Gallego de Valencia "Amics de la Gaita" organiza unha cea para celebrar o Beltaine celta, festexando a nova colleita e darlle a benvida ao estío. Servirase unha cea variada con... Máis información
-
25.04.2013 a 26.04.2013O xoves 25 e o venres 26 de abril, na Maison de la Recherche da Université Paris-Sorbonne, o Centro de Estudos Galegos de París organiza o Congreso internacional Littératures et langues minorisées. Especialmente destinado ao público universitario, a asistencia a este... Máis información
-
25.04.2013 a 26.04.2013O xoves 25 e o venres 26 de abril, no Centro Tecnolóxico de Arteixo, celébranse as XI Xornadas de Sensibilización sobre a Interculturalidade, organizadas pola ONGd Ecos do Sur en colaboración coa ONG Mestura, e cofinanciadas polo Concello de Arteixo, nesta edición centradas... Máis información
-
25.04.2013O xoves 25 de abril ás 20,00 h., na sede da entidade, o Centro Gallego de Montevideo celebra a súa Asemblea Xeral Ordinaria, á que están convocadas todas as persoas asociadas. Orde do día: Lectura da acta anterior Consideración da Memoria do exercicio 2012-2013... Máis información
-
23.04.2013 a 26.04.2013Do martes 23 ao venres 26 de abril o Centro de Estudos Galegos da Universidad Complutense de Madrid organiza a III Semana Complutense das Letras en Galego!!!. Programa: Martes, 23 de abril -Álvaro Cunqueiro: literatura, gastronomía e identidade. Isaac Xubín (poeta... Máis información
-
22.04.2013 a 23.04.2013O luns 22 e o martes 23 de abril en horario de 9,00 a 18,00 h., na sede da entidade no barrio da Balvanera, a Asociación de Empresarios Gallegos de Argentina (AEGA) organiza unhas xornadas de encontro co Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), institución... Máis información
-
21.04.2013O domingo 21 de abril conmemórase o 85º aniversario do Círculo Social Valle Miñor de Bos Aires. Programa: 11,00 h. Acto litúrxico -Misa de acción de grazas e en memoria das socias e socios falecidos, que se oficiará na parroquia de San Francisco Solano (Zelada, 4771... Máis información
Páxinas |









