Gran Festival Benéfico do Centro Galicia de Bos Aires a prol das persoas damnificadas polas inundacións de abril
O venres 17 de maio a partir das 18,30 h., na súa sede do Campo Galicia (Olivos), o Centro Galicia de Bos Aires, a través da Comisión de Festas e Propaganda, organiza un Gran Festival en beneficio das persoas damnificadas polas inundacións da primeira semana de abril.
O festival contará coa presentación da Orquestra de Concertos de San Isidro con 40 músicos en escena, Jorge Eugenio, Alicia Nieves, Ariel Samora, Rocío del Cielo e o Ballet Folklórico Peña La Chaya.
- Entrada: alimentos non perecedoiros ou artigos de limpeza.

Evento:
Concerto
Organiza:
Centro Galicia de Buenos Aires, Cultura, Social y Deportivo
Data:
17.05.2013
Hora:
18,30
Lugar:
Campo Galicia - Centro Galicia de Buenos Aires
Av. del Libertador Gral. San Martín, 2925 - Olivos
Partido de Vicente López, Buenos Aires Arxentina
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:





