Conferencia "Roberto Vidal Bolaño e os camiños do teatro independente", na Universidade de Deusto

Listen to this page using ReadSpeaker
724 lecturas

O xoves 16 de maio, véspera do Día das Letras Galegas, ás 16,30 h. na Facultade de Ciencias Sociais e Humanas da Universidade de Deusto, Cilha Lourenço Módia, profesora da Universidade da Coruña, pronunciará a conferencia Roberto Vidal Bolaño e os camiños do teatro independente.

A profesora Lourenço, especialista en teatro galego contemporáneo, fará un repaso das últimas tres décadas de teatro galego, con especial atención ás fundamentais achegas do autor homenaxeado nesta edición do Día das Letras Galegas.

Conferencia "Roberto Vidal Bolaño e os camiños do teatro independente", na Unive
Evento: 
Conferencia/Charla
Organiza: 
Cátedra de Estudos Galegos Deustuko Unibertsitatea
Data: 
16.05.2013
Hora: 
16,30
Lugar:
Facultad de Ciencias Sociales y Humanas - Aula 209
Deustuko Unibertsitatea (Campus de Bilbao)
Bilbao - 48007Bizkaia
España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: