Axenda
Buscador
-
08.05.2013O mércores 8 maio ás 20,00 h., na sala Babylon da capital alemá, dentro do ciclo de actividades das Semanas da Cultura Galega que organizan o Lectorado de Galego da Freie Universität Berlin e o Instituto Cervantes de Berlín, proxectarase o documental O Segredo da Frouxeira... Máis información
-
06.05.2013O Lectorado de Galego da Universitat Autònoma de Barcelona organiza a VII edición do concurso literario Contos no Mediterráneo, dirixido a aquelas persoas que estudaron ou están a estudar galego ou portugués nos territorios de fala catalá. Bases: Artigo 1 O concurso... Máis información
-
06.05.2013O luns 6 maio ás 21,00 h., na sala Babylon da capital alemá, dentro do ciclo de actividades das Semanas da Cultura Galega que organizan o Lectorado de Galego da Freie Universität Berlin e o Instituto Cervantes de Berlín, o gaiteiro vigués Carlos Núñez ofrecerá un concerto... Máis información
-
05.05.2013O domingo 5 de maio ás 12,00 h., no Xardín dos poetas do Rosedal de Palermo (Bos Aires), a Unión de Asociaciones Gallegas da República Arxentina celebrará unha homenaxe a Rosalía de Castro, principal protagonista do Rexurdimento literario e cultural de Galicia. Ao acto está... Máis información
-
05.05.2013O domingo 5 de maio a partir das 12,00 h., na sede da entidade na rúa Rafaela, o grupo Lembranzas da Terra do Val Miñor organiza a Festa dos Maios 2013. Haberá grupos invitados, comidas típicas, e a entrada é libre e de balde. Máis información
-
05.05.2013, 12.05.2013, 19.05.2013, 26.05.2013Os domingos do mes de maio o Centro Galicia de Bos Aires organiza, na sede do Campo Galicia, as súas tradicionais Romarías Bailables. Domingo 5 de maio -Conxunto rexional Los Lucenses -Orquestra española Los Peninsulares Domingo 12 de maio -Conxunto rexional Lugo... Máis información
-
04.05.2013O sábado 4 de maio a partir das 13,00 h., na sede da entidade galega na Baixa Saxonia, o Centro Cultural Gallego de Cuxhaven e. V. organiza a Festa da Primavera, con moitas sorpresas!!! Máis información
-
04.05.2013O sábado 4 de maio, a partir das 19,00 h., no Centro Galego de Barcelona, celebrarase o IIIº Encontro Internacional de Gaitas, que contará coa participación de representantes de: Galicia: Grupo de Gaitas do Centro Galego de Barcelona "Avoengo" Asturias: Banda de Gaites do... Máis información
-
04.05.2013O sábado 4 de maio a partir das 15,00 h., na sede da entidade, a Asociación de Residentes de O Grove de Avellaneda organiza o Festival Internacional "Xuntanza Musical". Actuarán a colectividade galega, a colectividade ucraína, a colectividade croata, contarase coa presenza... Máis información
-
03.05.2013O venres 3 de maio a partir das 23,00 h., no soto da entidade galega na Gran Mazá, as Xuventudes da Casa Galicia de Nova York celebran a festa da Fin de semana do 5 de maio mexicano. O prezo é de 10 $ e non está permitida a entrada ás e aos menores de 21 anos. Máis información
Páxinas |









