Semana Cultural das Letras Galegas en Santander

Listen to this page using ReadSpeaker
649 lecturas

O Centro Gallego de Santander celebra a Semana Cultural das Letras Galegas cun programa de actividades culturais que renden homenaxe a Rosalía de Castro no 150º Aniversario da publicación de Cantares Gallegos, ao 50º aniversario da instauración desta festa da cultura de Galicia e a Roberto Vidal Bolaño, o dramaturgo compostelán a quen se dedica a presente edición do Día das Letras Galegas.

Programa: (picar aquí para descargar)

Mércores, 15 de maio

  • 20,00 h.
    -Benvida e Saúda do Presidente do Centro Gallego de Santander, José Antonio Hermida, quen disertará sobre o especial significado da presente edición do Día das Letras Galegas
    -Recital poético en torno á obra de Rosalía de Castro. Coa colaboración da Sociedad Cántabra de Escritores
    -Actuación do coro Voces de Santander
    -Exposición das obras de Rosalía de Castro

Venres, 17 de maio

  • 19,30 h.
    -Vidal Bolaño, una vida de teatro, conferencia a cargo de José Ignacio Pérez Pascual, catedrático de Lingua Española da Universidade da Coruña
    -Convocatoria do XIV Concurso Literario de Narrativa Julio Camba
    -Actuación da Escola de danzas e gaitas do Centro Gallego, "Airiños da Terra"
    -Himno Galego

Sábado, 18 de maio

  • 18,15 h. (Concello de Santander)
    -Visita e mostra das maquetas do Centro Botín
    -Actuación do Orfeón Xoán Montes, de Lugo

 

Semana Cultural das Letras Galegas en Santander
Evento: 
Día das Letras Galegas
Organiza: 
Centro Gallego de Santander
Data: 
15.05.2013
Hora: 
20,00
Lugar:
Centro Gallego de Santander - Salón de Actos Rosalía de Castro
Peña Herbosa, 6
Santander - 39003Cantabria
España