Día das Letras Galegas 2013 en Castellón
O venres 17 e o sábado 18 de maio, na sede da entidade na rúa Pérez Dolz, o Centro Galego de Castellón "O Aturuxo" celebra o Día das Letras Galegas, que na edición deste ano homenaxea ao dramaturgo compostelán Roberto Vidal Bolaño.
Programa:
- Venres, 17 de maio - 20,30 h.
-Un home de teatro, retrinco fotográfico da obra de Bolaño
En colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, permanecerá exposta ata o dia 20 de maio
-Proxección da curtametraxe Un chapeu negro e un nariz de pallaso, de Gonzalo Enriquez Veloso - Sábado, 18 de maio - 21,00 h.
-Presentación do libro Roberto Vidal Bolaño, unha vida para o teatro, de Laura Tato Fontaiña (Ed. Toxosoutos)
-Faladoiro da obra de Vidal Bolaño por Xosé Filgueira, presidente do Centro Galego de Castellón
-Ao remate servirase un viño galego e uns petiscos
A entrada é libre e de balde a todos os actos.

Evento:
Día das Letras Galegas
Organiza:
Centro Galego de Castelló O Aturuxo
Data:
17.05.2013 a 18.05.2013
Hora:
20,30
Lugar:
Centro Galego de Castellón
Pérez Dolz, 9
Castellón de la Plana - 12003Castellón-Castelló España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:





