Rimando en galego en Bos Aires: identidade na poesía de Avelino Díaz (1897-1971)
Artigo de Benigno Fernández Salgado publicado na revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos da Universidad Complutense de Madrid.
Resumo:
Aínda que inspirado poeta, Avelino Díaz (1894-1971) continúa a ser un completo descoñecido na literatura do país para o que escribiu. Os seus libros, publicados en edición do propio autor en Bos Aires, non coñeceron unha segunda edición e, tanto as súas colaboracións xornalísticas coma os centos de poemas espallados pola variada prensa da colectividade galegoporteña, non foron nunca rastrexados e compilados de maneira sistemática. No ámbito académico, unha monografía (Freire Freire 2002), que contén unha escolma de cen poemas precedidos dunha introdución biográfica, é a única excepción a este estado de indiferenza. Esta contribución propón unha lectura en termos de identidade da vida e obra poética de Avelino Díaz servíndose a modo de guía do concepto operacional de “identificación” formulado por LePage e Tabouret-Keller (1985).


