Adiós, María: recepción e fortuna crítica en Grial na década dos 70

Adiós, María: recepción e fortuna crítica en Grial na década dos 70

Artigo de Laura Caamaño Pérez publicado na revista Boletín Galego de Literatura da Universidade de Santiago de Compostela.

Resumo:
A novela Adiós, María, da autoría de Xohana Torres e publicada en 1971, foi a gañadora do Premio Galicia de 1970 convocado polo Centro Gallego de Buenos Aires, considerado como un dos galardóns literarios máis prestixiosos na época. Aínda así, a primeira e única novela de Xohana Torres non conseguiu naquela altura a suficiente atención por parte da crítica. As escasas e puntuais achegas que foron aparecendo de maneira espallada resultaron insuficientes e superficiais, evidenciando así a relativa falta de interese pola novela no momento da súa aparición. Tendo en conta isto, na primeira parte deste estudo achégase un breve estudo do contexto e da relevancia que supuxo a convocatoria do Premio Galicia para Xohana Torres, para logo ofrecer unha análise da controversia suscitada pola concesión deste premio á escritora. Na segunda parte, ofrécese unha revisión dos comentarios suscitados sobre a novela publicados na revista Grial entre 1970 e 1980.

ISBN: 
ISSN 0214-9117 | ISSN-e 2174-4025 | DOI https://doi.org/10.15304/bgl.56.6393
Autor: 
Laura Caamaño Pérez
Ano publicación: 
2020
Idioma: 
Galego
Editorial: 
Boletín Galego de Literatura. Nº 56 (2020) 1º semestre
126 lecturas