Leoncio Gandós

Propietario do Gran Hotel Colón de Montevideo
Leoncio Gandós

Naceu o día 31 de outubro de 1851 no concello de Baiona (Pontevedra). No ano 1869 chega a Montevideo e empeza a traballar como empregado da ferraxaría dos "Señores Staricco y Cia.", estabelecida na Rúa Rincón nº 650, esquina Bartolomé Mitre. 

No ano 1878 mércalle o negocio aos seus xefes e incorpórase ao comercio importador de ferraxaría. Este negocio foi adquirindo cada vez máis importancia, e no ano 1910, construíu o gran edificio de cinco pisos chamado "Palacio Gandós", fronte a onde antes tivera a ferraxaría. Neste edificio no soto, planta baixa e entrechán estabeleceu a Ferraxaría "Gandós", con entrada pola esquina Bartolomé Mitre e pola entrada da Rúa Rincón accedía aos tres pisos restantes, onde Leoncio Gandós instalou o "Gran Hotel Colón" que foi un dos máis luxosos de Montevideo, con todo tipo de modernas instalacións para a época. O hotel estaba rexentado polo seu fillo Rodolfo Gandós, fillo de Leoncio.
Foi elixido vocal nas eleccións da Xunta Directiva do "Centro Gallego" de Montevideo, no exercicio 1926-1927.

Bibliografía: 

VALLS, LUIS: "Los Españoles del Uruguay", ano 1918. Montevideo, p. 130-131.

VV.AA.: "Almanaque Ilustrado de El Diario Español", 1922 Montevideo, p. 60. 

VV.AA.: "Revista del Centro Gallego de Montevideo", nº 114, 1926, p. 8. 

VV.AA.: "Alma Gallega (Órgano de la Sociedad Casa de Galicia)", novembro de 1927, p. 131. 

VV.AA: "Revista del Centro Gallego de Montevideo", nº 130, novembro de 1927, p. 12.

Álbum da Emigración

O Álbum da Emigración recupera as figuras máis destacadas das colectividades galegas en América, así como as súas principales creacións. Unha achega á memoria da nosa emigración.

O Álbum da Emigración é un proxecto do Arquivo da Emigración Galega(contidos) e culturagalega.org(deseño)

Correo-e : aemigracion@consellodacultura.org
Tel: +34 981 557351 / Fax: +34 981 582985


Consello da Cultura Galega
2347 lecturas