Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
26Novembro2025A Xunta reforza o seu apoio ao deporte da colectividade galega en Uruguai audio A delegada da Xunta de Galicia en Uruguai, Elvira Domínguez, participou na cerimonia de entrega de trofeos da Liga Española de Deportes de Uruguai, celebrada nas instalacións do Centro Alma Gallega en Montevideo, onde esta institución resultou proclamada campiona da edición 2025. Domínguez puxo en valor o papel desta entidade e do conxunto da colectividade galega no desenvolvemento deportivo e cultural, salientando que a presenza galega no... Máis información
-
25Novembro2025A Xunta reforza o apoio á contratación de titulados BEME dentro do novo modelo "Galicia Suma Talento: Emprégate" audio As empresas que incorporen mozos do exterior que completaron un máster en Galicia poderán recibir ata un 25% máis de axuda. A Xunta avanzou hoxe na posta en marcha do novo modelo Galicia Suma Talento: Emprégate, que coordina por primeira vez as accións formativas e os incentivos á contratación para facilitar a inserción laboral das persoas desempregadas. Esta iniciativa, dotada con 19,7 millóns de euros, busca priorizar a contratación de quen... Máis información
-
24Novembro2025Miranda: “Valparaíso é un claro exemplo de como a colectividade galega mantén viva a nosa cultura a miles de quilómetros” audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou as instalacións do Centro Galego de Valparaíso, onde se reuniu cos seus responsables e socios para coñecer de primeira man as actividades que esta entidade vén desenvolvendo en apoio á colectividade galega da rexión. Durante o encontro, Miranda puxo en valor o traballo continuado deste centro, que leva máis de tres décadas promovendo a música, a danza, a gaita e a lingua... Máis información
-
23Novembro2025Miranda agradece ao Estadio Español de Chile ser lugar de acollida para o conxunto da colectividade española, particularmente da galega audio O secretario xeral da Emigración, asiste ao concerto da artista galega, Lucía Pérez. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, acompañado do delegado da Xunta de Galicia en Bos Aires, Alejandro López Dobarro, salientou hoxe en Santiago de Chile o papel central que o Estadio Español desempeña desde hai décadas como espazo de encontro, acollida e dinamización cultural para a colectividade española, e moi especialmente para a... Máis información
-
22Novembro2025Miranda: “O Lar Gallego de Chile simboliza a forza da nosa colectividade e o compromiso de quen, estando lonxe, seguen facendo país cada día” audio O Lar Gallego de Chile celebra 58 anos como referente da cultura galega en América Latina. A Xunta de Galicia salienta o compromiso da colectividade galega en Chile coa preservación das tradicións e o impulso da galeguidade. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, acompañado do delegado da Xunta de Galicia en Bos Aires, Alejandro López Dobarro, participaron na celebración do 58º aniversario do Lar Gallego de Chile, unha das... Máis información
-
22Novembro2025Rueda reivindica o papel dos centros galegos na proxección da imaxe de Galicia e na conservación das tradicións audio O presidente do Executivo autonómico recibiu a distinción “Anduriña de Ouro” que outorga o Lar Gallego de Sevilla. Salientou que os centros galegos representan unha galeguidade aberta e integradora. Os orzamentos de 2026 recollen o compromiso Xunta cos galegos de exterior, con partidas de apoio ás entidades e co impulso ás políticas de retorno. Subliñou que "parte desa Galicia Calidade constrúese coa Galicia Calidade que está espallada por todo... Máis información
-
20Novembro2025Suíza foi o segundo país do que máis galegos retornaron en 2023, o 84% en idade de traballar audio A subdirectora de Comunidades Galegas, Isabel Martínez Pellicer, destacou na Universidade de Suíza o papel das entidades galegas como vínculo permanente entre Galicia e a súa diáspora. A responsable da Xunta salientou que máis de 40.000 galegos regresaron dende 2018 ao abeiro da Estratexia Galicia Retorna, dos cales unha parte crecente procede de Suíza. En 2023 un total de 983. A subdirectora de Comunidades Galegas da Secretaría Xeral da... Máis información
-
20Novembro2025Miranda inicia unha viaxe a Chile para acompañar á colectividade galega e participar nas celebracións do 58º aniversario do Lar Gallego e o 75º aniversario do Estadio Español audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, iniciará mañá unha viaxe institucional a Chile co obxectivo de reforzar os vínculos coa colectividade galega asentada neste país e apoiar o labor das entidades que manteñen viva a presenza de Galicia no exterior. Durante a súa estancia, Miranda visitará as principais institucións galegas, manterá encontros coas autoridades españolas no país e con representantes das asociacións... Máis información
-
19Novembro2025Miranda: “A Hermandad Gallega de Venezuela é un piar esencial para acompañar e apoiar ás nosas familias no país” audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo hoxe en Santiago unha reunión co presidente, Jesús Alberto Bello Couselo e o secretario da Hermandad Gallega de Venezuela, Marco Antonio Marcos, para analizar a situación actual da colectividade galega no país e fortalecer as liñas de colaboración entre ambas institucións. Miranda trasladou á directiva o compromiso da Xunta de Galicia de seguir apoiando o labor que a... Máis información
-
17Novembro2025A delegada da Xunta en Uruguai destaca o labor social e cultural da colectividade galega no país durante a entrega do Premio Colón 2025 audio A delegada da Xunta de Galicia en Uruguai, Elvira Domínguez, participou no acto de entrega do Premio Colón 2025 outorgado pola Federación de Institucións Españolas do Uruguai á Liga Española de Deportes, en recoñecemento ao seu labor histórico na promoción do deporte e da integración da colectividade española. Domínguez felicitou aos seus responsables por manter viva unha entidade que simboliza a fraternidade e o compromiso das comunidades... Máis información
Páxinas |









