Un camiño, 13 olladas. Imaxes peregrinas do cotián e do inaudito

Reportaxe

Nunca unha exposición deu tanto que falar no estranxeiro. A mostra itinerante «Un Camiño, 13 olladas» retrata as postais típicas e atípicas que acontecen ao longo do Camiño de Santiago.

Ler máis sobre isto...

  • A mostra itinerante «Un Camiño, 13 olladas. O Camiño de Santiago en Galicia» xa puido visitarse nas cidades de Copenhague, Bergen, Riga, Caltagirone e Praga da man da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo da Consellería de Innovación e Industria. O pasado mes... Máis información
  • «Un camiño, 13 olladas» xurdiu como un proxecto de fotografía documental que aos seis fotógrafos participantes lles levou tempo preparar para que o resultado final das imaxes fose o que son: un retrato documental digno de visitar. O traballo de campo... Máis información
  • A mostra, que leva por título «Un Camiño, 13 olladas. O Camiño de Santiago en Galicia», puido visitarse na República Checa da man da S. A. Xestión do Xacobeo da Consellería de Innovación e Industria. O número trece non ten por que ser simbolizar a mala... Máis información
  • Castellón inaugurou o pasado 22 de febreiro no Museo de Belles Arts esta mostra, chamada entón «Un camiño, 12 miradas» por estar realizada por 12 fotógrafos. A mostra xa pasara por Copenhague, Bergen, Riga, e Caltagirone. En febreiro pisou chan valenciano... Máis información
  • Xulio Villarino retratou o frío máxico da terra lucense nesta escultura do apóstolo. Foto: Xulio Villarino
  • Terra singular onde as haxa, ata as pequenas corredeiras por onde pasan os peregrinos teñen sentido de ida e de volta. O fotógrafo desta peculiar instantánea é o galego Delmi Álvarez. Foto: Delmi Álvarez
  • Fernando Bellas capta esta fermosa paisaxe preto de Nosa Señora do Faro. Foto: Fernando Bellas
  • Nesta ocasión, o retrato serve para individualizar a historia de cada un dos camiñantes que acoden desde os lugares máis dispares do mundo a Compostela. Tino Martínez retrata a este home que vén a Santiago desde outro lugar, tamén de peregrinaxe: Lourdes.
  • A choiva na Quintana e os peregrinos co paraugas contemplando a atmósfera que envolve a Catedral é captada polo obxetivo do fotógrafo Tino Viz. Foto: Tino Viz
  • Javier Teniente mostra na fotografía 'Vista dende a Catedral' unha perspectiva pouco común da mesma, vista desde os pináculos do convento de San Martín Pinario. Foto: Javier Teniente
  • A fotógrafa Hana Jakrlova aportou á ultima exposición da mostra 'Un camiño, 13 olladas' a perspectiva dos que miran o Camiño desde fóra da óptica galega. 'Boy and house' é o título desta fotografía da artista checa. Foto: Hana Jakrlova
1985 lecturas