A mostra puido observarse noutros puntos de España

Castellón inaugurou o pasado 22 de febreiro no Museo de Belles Arts esta mostra, chamada entón «Un camiño, 12 miradas» por estar realizada por 12 fotógrafos.

A mostra xa pasara por Copenhague, Bergen, Riga, e Caltagirone. En febreiro pisou chan valenciano para dar a coñecer este proxecto en Castelló. Ata o 23 de marzo estiveron expostas no Museo de Belles Arts a colección de fotografías que recollen desde distintos enfoques da realidade do Camiño. Ao acto de inauguración deste proxecto expositivo en Castellón acudiron representantes da Consellaría de Innovación e Industria, así como do Museo de Belles Arts de Castellón e de Castellón Cultural. 

Cinco fotógrafas estranxeiras, cada unha delas orixinaria dun dos países aos que se ten previsto que itinere esta mostra, están convidadas a participar na mesma ofrecendo así unha visión completa, interna e externa das miradas que percorren as diferentes rutas a Compostela. Tine Harden, Katja Losonen, Eva Persson, Christine Erlbeck e Signe Raikstina son as fotógrafas convidadas á mostra. «Un Camiño, 11 miradas» convértese dende a exposición de Castellón en «Un Camiño, 12 miradas» porque xa nesta exposición uniuse ao grupo a visión da fotógrafa Cristina de Middel. 

Tras a estancia en Castellón, a mostra desprázase a Alacante, onde poderá visitarse na sala de exposicións do Club Información.

955 lecturas