Un proxecto de fotografía documental

A mostra itinerante «Un Camiño, 13 olladas. O Camiño de Santiago en Galicia» xa puido visitarse nas cidades de Copenhague, Bergen, Riga, Caltagirone e Praga da man da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo da Consellería de Innovación e Industria.

O pasado mes de xuño, a Consellería de innovación e Industria inauguraba en Praga a última exposición que se fixo sobre o Camiño de Santiago. 

O proxecto expositivo está formado por unha colección de fotografías que recollen distintos enfoques da realidade do Camiño de Santiago desde o punto de vista social, espiritual, cultural ou natural. As obras foron realizadas na súa maioría por seis fotoxornalistas galegos: Xulio Villarino, Xabier Teniente, Tino Viz, Tino Martínez, Delmi Álvarez e Fernando Bellas. 

En cada unha das exposicións participaron tamén como invitadas unha serie de fotógrafas estranxeiras, que aportaban unha perspectiva distinta do camiño, unha visión máis semellante á que comparten os estranxeiros sobre Galicia. 

Praga foi a sexta parada desta mostra itinerante que tamén se puido ver noutros puntos da xeografía española, como en Castellón e Alicante. 

Pero, ¿de onde xurde a idea de facer este proxecto documental? O xerme deste traballo está no Xacobeo e a Dirección Xeral de Turismo da Xunta de Galicia. Propuxeron a seis fotógrafos galegos (Delmi Álvarez, Tino Martínez, Fernando Bellas, Tino Viz, Javier Teniente e Xulio Villarino) a realización dun traballo documental que tiña como temática o Camiño, e que a continuación puido verse como exposición en Copenhague o 21 de xuño de 2006. 

Un proxecto se cadra máis variado ao engadir a estes seis fotógrafos a integración dunha serie de mulleres fotoxornalistas estranxeiras, converténdose, definitivamente, en 13 olladas diferentes arredor dun único asunto: o Camiño de Santiago.

1139 lecturas