Novas
Buscador
- Alfonso Rueda e Santiago Camba realizan esta fin de semana unha visita institucional a Arxentina e Uruguai 09.03.2012 audio O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, e o secretario xeral de Emigración, Santiago Camba, inician esta fin de semana unha visita institucional ás repúblicas de Arxentina e Uruguai, na que manterán distintos encontros coa colectividade galega. Está previsto que Rueda e Camba visiten a Delegación da Xunta... Máis información
- O escritor galego José R. Rodríguez explicou na Casa de Galicia a vinculación histórica dos galegos e as galegas con Filipinas 09.03.2012 audio Ofreceu a conferencia "Presenza de Galicia en Filipinas", baseada nun estudo do que é coautor. Os galegos e as galegas están vinculados á historia de Filipinas dende o seu descubrimento por Magallanes, ao que acompañaron na súa expedición, e tiveron presenza no arquipélago dende entón, segundo a exposición realizada o pasado mércores na Casa de... Máis información
- DECLARACIÓN INSTITUCIONAL DA XUNTA DE GALICIA CON MOTIVO DA CONMEMORACIÓN DO 8 MARZO, DIA INTERNACIONAL DAS MULLERES 08.03.2012 audio “Cada ano a Organización das Nacións Unidas celebra, no 8 de marzo, o Día Internacional da Muller, unha data que no 2012 dedícase á promoción da mellora das condicións de vida das mulleres rurais que, na nosa Comunidade Autónoma, constitúen un alicerce clave no desenvolvemento do progreso e do futuro do noso pais. Temos que festexar esta data de... Máis información
- A sociedade cubana Hijos del Distrito de Sarria festexa os seus 95 anos de vida 07.03.2012 audio A sociedade cubana Hijos del Distrito de Sarria celebrou cunha festa na Habana os seus 95 anos de vida, durante os cales realizou un importante labor social desde a emigración, contribuíndo á construción de varias escolas en Sarria e dun panteón social nos anos 30 na capitalidade da illa. A festa de conmemoración tivo lugar no Centro Gallego de... Máis información
- Román Oyarzun, novo embaixador en Arxentina e Roberto Varela, no Uruguai 06.03.2012 audio Varela releva no posto unha madrileña, Aurora Díaz-Rato Revuelta, que leva dende xuño do 2008 dirixindo a diplomacia do país en Montevideo. Conselleiro de Cultura e Turismo de abril do 2009 a xaneiro do 2012, Roberto Varela Fariña (Meaño, 1959) tomará posesión como embaixador de España en Uruguai dentro de entre un mes e 50 días, despois de que o... Máis información
- A ministra de Educación dominicana visita a Xunta para agradecer o apoio da cooperación galega no seu país 05.03.2012 audio Nos dez anos que o Goberno galego leva cooperando coa República Dominicana en materia de I+D+I a Xunta achegou preto de 600.000 euros. O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, vén de manter un encontro ministra de Educación Superior, Ciencia e Tecnoloxía da República Dominicana, Ligia Amada Melo de Carmona, quen lle... Máis información
- Alfonso Rueda destaca en Madrid a relevancia da “Orde da Vieira” como nexo de unión entre os galegos e as galegas da diáspora 04.03.2012 audio Alfonso Rueda foi investido onte Cofrade da Orde da Vieira. O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda resaltou onte en Madrid a especial relevancia da “Enxebre Orde da Vieira”, como nexo de unión entre os galegos e as galegas da diáspora. Alfonso Rueda foi investido onte novo cofrade da Orde da Vieira, e... Máis información
- Igualdade destina 2,4 millóns a axudas periódicas a vítimas de violencia de xénero 03.03.2012 audio O DOG publicou onte a resolución da convocatoria anual, en réxime de concorrencia non competitiva. Esta contía representa un crecemento do 13% sobre a convocatoria do ano anterior. Reflicte o compromiso sostido da Xunta por ofrecer ás vítimas os recursos necesarios para favorecer a súa saída do ciclo da violencia. O DOG publicou onte a Resolución... Máis información
- Feijóo afirma que as 200 obras concursantes e os 16 países presentes nos premios Atlante proban a afirmación de Vicente Risco de que ‘Galicia é un mundo’ 02.03.2012 audio Destaca que coa arte, Galicia rebélase tamén contra un destino que parecía condenala a ser un país pequeno e periférico: “Da man da cultura –di-, Galicia faise grande e ofrécese como encrucillada fundamental das correntes de creación”. Felicita e recoñece o traballo dos premiados e premiadas e finalistas, e asegura ver “en cada un deles a un... Máis información
- O CIM da Coruña incorpora un servizo de teletradución a 51 idiomas 01.03.2012 audio Ofrecido sen custe pola Secretaría Xeral da Igualdade, mellora a atención ás mulleres e ás vítimas de violencia de xénero estranxeiras, facilitando unha comunicación verbal máis eficaz. Na Coruña, tamén está operativo na Casa de acollida municipal, na ONG Ecos do Sur e na Asociación da Comisión Católica Española de Migración. O Centro de... Máis información
Páxinas |









